Vilamartín de Valdeorras homenaxea a Florencio Delgado Gurriarán

Córgomo, a aldea natal do poeta, acolleu varios actos para recordar a figura de Florencio Delgado Gurriarán, a quen se lle dedica o Día das Letras Galegas 2022

A aldea de Córgomo, en Vilamartín de Valdeorras, acolleu este sábado unha homenaxe ao escritor Florencio Delgado Gurriarán, a quen se lle dedica o Día das Letras Galegas 2022. O acto realizouse no cemiterio de Córgomo, aldea natal do poeta, e contou coa presenza do artista valdeorrés Anxo Baranga, quen rememorou a importancia de Florencio Delgado para a comarca e cultura galega.

Trala súa intervención, un grupo de gaiteiros interpretaron o himno galego.

Unha vez rematado o acto, Córgomo acolleu un recital en lembranza do poeta valdeorrés.

Te puede interesar