MIT

Cando o actor crea o texto

taller mit
photo_camera Os alumnos do obradoiro de Ibuprofeno, onte, durante unha escenificación.
Un total de 12 alumnos participaron no obradoiro impartido por Ibuprofeno na Casa da Cultura
Os obradoiros de formación tamén son parte importante da programación desta 35ª edición da MIT. Un deles foi o impartido por Marián Bañobre e Santiago Cortegoso, fundadores de Ibuprofeno Teatro, e onte chegou ó seu fin baixo o epígrafe xenérico "Arredor do teatro documento". Un total de 12 alumnos participaron nesta experiencia didáctica, na que "mediante o xogo e as improvisacións individuais e colectivas, tratamos de xerar contido escénico". É dicir, actores e actrices "convírtense nos verdadeiros creadores, e deixan de ser intérpretes de textos e ideas alleas para elaborar os seus propios diálogos", según explicaron os responsables do obradoiro.

Te puede interesar