REPORTAJE

Catro mil exquisitas empanadas

Allariz. 23-08-15. Provincia. Festa da Empanada en Allariz.
Foto: Xesús Fariñas
photo_camera A empanada de carne de boi ou de polo con champiñóns, entre as máis raras.

A choiva obrigou a levantar as carpas instaladas no campo de Vilanova a partir da tarde. Aínda así, os veciños puideron degustar máis de 25 variedades de empanadas, entre elas, a de carne de boi ou a de chocos na súa tinta.

Allariz estase a recuperar alestora dun fin de semana gastronómico no que a empanada foi a protagonista principal e no que a choiva fixo acto de presenza a partir do medioidía. Os que se acercaron onte a primeira hora ata a vila do Arnoia poideron degustar e mercar empanada de todo tipo de ingredientes nos catro postos instalados no Campo de Vilanova. "Hoxe temos máis de 25 tipos de empanada. A que máis vendemos tódolos anos é a de zamburiñas e, entre as máis raras, están a de carne de boi e a de chocos na súa tinta", comentaba Rosalía Borrajo, a xefa de O Forno do Tomás. Empanada de mexillóns, de bacalo con pasas, de setas con langostinos, mariñeira, de carne con chourizo, de coello, de polo, de zorza ou vexetal foron outras das recetas máis demandadas deste producto galego.

"Por mor da choiva, solo houbo venta pola mañá, pero aínda así superamos as 2.100 empanadas no recinto de Vilanova. Se contamos tamén as que se venderon nos despachos de pan do Casco Histórico ao longo do día, estamos case nas 4.000 empanadas", sinalaba Cristina Cid, responsable de Promoción Económica de Allariz. No Campo de Vilanova instaláronse varias carpas para que aqueles que quixeran poidesen disfrutar dun xantar en familia nun entorno tan privilexiado como o que ofrece o río Arnoia o seu paso por Allariz. Criollos, costela asada e polbo completaron o manxar no que non faltou o viño e o café. O que tampouco faltou onte foi a choiva. "O temporal obrigou a levantar as carpas a partir das 16.00 horas e pouca xente puido xantar alí", apuntaba Cristina Cid.

Bicas e lazos rayados

A pesar das precipitacións, os máis lambóns tamén poideron disfrutar dun amplo surtido de doces. Había bicas para tódolos gustos, dende a de castaña ou froitos secos ata a de piña ou laranxa. Lazos rayados, torta de nata ou tarta de queixo compartiron protagonismo có resto de productos durante o día de onte. "Dende fai dous anos estamos facendo algo novo. Trátase da empanada de maza, un doce moi sabroso que está tendo moito éxito entre os veciños", comentaba Miguel Ángel Mosquera, o responsable de Fina Rei.

Con este, xa van 45 anos os que se leva celebrando a Festa da Empanada, un evento que se celebra tódolos veráns no terceiro fin de semana de agosto. Con esta festa o que se pretendía era homenaxear aos emigrantes que tiveron que marchar da vila. Non podían asistir ás festas patronais do San Benito de xullo e, por iso, organizouse este encontro adicado a eles no mes de agosto que é cando regresaban de vacacións a Allariz.

Despois de tanto tempo, o primer festexo data de 1971, continúase con esta tradición que hoxe en día reúne a veciños da vila e tamén a xente doutras localidades e provincias de España que se acercan a saborear a empanada de Allariz. Veciños de Caldas de Reis, de Vigo ou de Valencia pasáronse por o Campo de Vilanova para levar para os seus fogares un bo sabor de boca cun producto tan popular para os galegos como a empanada.

Te puede interesar