Un concerto de cine abriu as Xociviga 
no Carballiño

photo_camera Momento do concerto de piano de Severiano Casalderrey (MARTIÑO PINAL)

A Casa da Cultura será escenario hoxe de dúas películas previstas no Auditorio municipa

As Xociviga (Xornadas de Cine e Vídeo en Galicia) empezaron onte no Carballiño co concerto de piano "Música e Cine" a cargo de Severiano Casalderrey. A música complementouse cunha proxección audiovisual, desenvolvéndose no Auditorio municipal a partir das 20,00 horas. Severiano Casalderrey Conde é pianista e profesor superior de piano no Instituto Ramón Mª Aller Ulloa e no Conservatorio Profesional de Lalín, onde colabora en diferentes facetas como profesor de materias como Historia da Música, Análise Musical e Piano complementario. Nos últimos anos decanta tamén o seu interese cara o marco do audiovisual, principalmente como ferramenta pedagóxica. Profesionalmente inicia a súa labor como programador de cinema en cine clubs, festivais e outros eventos.

Casalderrey ofreceu ó público das Xociviga temas tan coñecidos como Amelie de Yann Tiersen; Schindler`s List de John Williams; The Hours de Philip Glass; Far From Heaven de Elmer Bernstein; Forrest Gump de Alan Silvestri; Casa Blanca de Herman Hupfeld ou The Piano de Michael Nyman, entre outros éxitos.

Esta primeira xornada das Xociviga, que se prolongarán ata o 17 de agosto, remataba coa proxección de"12 Anos de escravitude" de Steve McQueen.



CAMBIOS

Para hoxe están previstos algúns cambios de ubicación dos pases de películas debido a que o Auditorio estará ocupado polas Xornadas de Folclore Internacional. Deste xeito, tódalas proxeccións pasarán á Casa da Cultura, excepto as infantís "Hobitt, a desolación de Smaug" de Peter Jackson e "Gru, o meu vilán favorito 2" de P. Coffin, que se manteñen no Auditorio, ás 11,30 e as 17,00 horas respectivamente.

Na Casa da Cultura tamén está prevista "Urxa" de Alfredo G. Pinal e Carlos Piñeiro e as películas "O Gran Hotel Budapest" de Wes Anderson, ás 20,00 horas e "Philomena" de Stephe Frears, ás 23,00 horas.

Te puede interesar