As entradas ó recinto oficial da Festa do Pulpo irán a sorteo

A organización da presente edición da 'Festa do Pulpo' do Carballiño decidiu que, para evitar que as 1.100 entradas para o xantar oficial se esgoten en poucas horas, coma en pasadas edicións, vaise realizar un sorteo entre tódalas persoas que realicen unha preinscripción.
Deste xeito, os interesados en sentarse no recinto oficial deberán anotarse o xoves e venres vindeiros (28 e 29 de xullo) no Rexistro municipal, onde lles facilitarán uns impresos, que deberán cumplimentar cos seus datos personais, un teléfono de contacto e o número de entradas que solicitan, ata un máximo de 50. O martes 2 de agosto, ás 19:00 horas, efectuarase un sorteo na Casa do Concello, e os beneficiados deberán abonar ó día seguinte o seu prezo na Oficiña de Recadación.

Te puede interesar