ourensanos polo mundo

"Eu debo de ser un dos poucos galegos que tivo a honra de tomar o té coa raíña Isabel II"

Delfín Iglesias, en San Pedro.
photo_camera Delfín Iglesias, en San Pedro.

Os camiños da emigración levaron a Delfín Iglesias Cuquejo, un limiano, nacido en San Pedro de Laroá en 1947, ata o Reino Unido, donde se arraigou e creou unha familia, pero sen perder de vista a súa terra natal.

Cómo chegou a Inglaterra?

Simplemente fun de vacacións o País de Gales, a Cardiff, gustoume o país e fun para Londres onde encontrei un bo traballo nun colexio privado e alí estiven 38 años. Atoparía logo a Naulda, a miña esposa, e creamos unha familia. Logo alternei este traballo con outro no Cancer Research. 

Con dous traballos tamén tería anécdotas curiosas.

Paseino moi ben. Hasta fun o Pazo Real a tomar o té coa raíña Isabel II e  a súa familia, xunto con máis persoas, claro. Foi unha experiencia que nunca olvidarei. Porque nin moita xente española iría, e debo de ser dos poucos galegos que foi tomar o té coa raíña de Inglaterra. Fun representando o laboratorio do Cáncer. Cando mo comunicaron pensei que era unha broma, pero pasados tres meses chegou a carta de Buckingham coa invitación. Foi unha honra moi grande, pero tamén un shok ver como esa xente de tanta categoría deixaban tirados os platos, tenedores e vasos polos xardíns.

Os seus fillos tamén lle ten amor  a terra do seu pai?

Trato de vir todos os anos se a saúde mo permite, e que os fillos tamén amen a Galicia. Cada ún o fai a súa maneira. Aínda que o do medio é o que máis llo está transmitindo ós seus fillos.

Qué botou de menos de Galicia?

Agora non tanto, porque xa o hai, pero sobre todo o pulpo e os chourizos. E ir de bares e tapas. Eso de pasar toda a noite nun sitio como fan alí nunca me gustou, foi algo que sí botei moito de menos.

E que bota de menos de alí?

A xente inglesa e a súa maneira de ser. Serán como serán, pero para mín sempre foi unha xente moi educada e me respectaron ao cen por cen. Tamén o idioma, agora doume xa mellor co inglés que co galego e o castelán, hai palabras en galego que non entendo. Cando levas máis de 40 anos alí acostúmaste a aquilo. Pero Galicia  sempre será Galicia para mín. O igual que San Pedro e Xinzo. Eu estou moi contento en Londres, pero Galicia sempre será a miña terra.

Te puede interesar