La hora de comer

O comedor da Universidade Laboral acoge ós membros dos grupos participantes nas ‘Xornadas’.
Cando viaxamos, con frecuencia preguntámonos se teremos problemas coa comida, se os sabores serán moi diferentes ós que estamos acostumados, se nos gustarán eses novos sabores e así un longo etcétera de cuestións arredor dun prato.
As agrupaciós presentes no certame non perden a identidade culinaria como parte da súa cultura CAROLINA A. PIÑEIRO As comidas, ó igual que o resto de compoñentes culturais dos países están moi relacionadas co clima e coa natureza do lugar. Por iso, cada estómago responde ó seu berce e se non que nolo pregunten ós membros do grupo Castro Floxo, ós que o pasado mes de xullo en Turquía o picante xogounos algunha que outra mala pasada. E non ía acontecer algo diferente cando grupos doutros países visitasen o noso e tivesen que comer os menús dispostos pola organización das Xornadas.

Como tantas outras cousas, a gastronomía tampouco é quen de fuxir da globalización e, aínda que cada vez as comidas mundiais son máis homoxéneas, continúa habendo pobos que se negan a perder a súa identidade culinaria. Estes días, nas Xornadas do Folclore, o grupo da India é quen mellor exemplifica isto. Son completamente vexetarianos e dos alimentos que poidan provir dun animal só comen ovos; así pois, solicitaron unha lista de ingredientes e a liberdade de entrar na cociña para elaboraren os seus propios pratos. Considéranse a si mesmos vexetarianos e eggetarians -compoñen a súa gastronomía basicamente de verduras e ovos-. Esoutro día na recepción oficial ós grupos, por exemplo, de entre tódolos petiscos ofrecidos, só podían levar á boca unha rica tortilla vexetal.

Hainos que simplemente obvian na súa táboa alimenticia todos aqueles productos que veñan do mar. No menú celanovés, por exemplo, onde o primeiro prato está constituído por unha vieira, os compoñentes da agrupación de Sudáfrica tiveron que cambiala por unha ensalada. Tamén hai que dicir que os grupos deste ano están ben afeitos ó tipo de comidas ourensás, porque non está habendo ningún tipo de problema.

Variedad de menús

Os guías coñecen dende o primeiro día as peculiaridades alimenticias de cadanseu colectivo e eles mesmos encárganse de informárllelo ós organizadores do festival para que todo marche ben. De tódolos xeitos, o atento personal da residencia na que viven os grupos presentes en Ourense ben procura evitar este tipo de problemas realizando menús compostos por aquelas comidas máis ben interculturais que multiculturais. Son, por exemplo, polo con patacas, peixe con ensalada, pasta, arroz; comidas que podemos conside rar neutras, ó supormos delas que nos gustan a todos, alén de razas ou condicións sociais.

Por máis que queiramos coidarnos, especialmente agora no verán e sendo sobre todo bailaríns, comer hai que comer.

Te puede interesar