RIBADAVIA

Un impulso para a MIT

photo_camera Roberto Pascual e María López, onte no salón de plenos do Concello de Ribadavia.

A Mostra de Teatro de Ribadavia contará este ano con máis presuposto da Deputación e de Cultura

Oincremento das axudas económicas por parte das institucións impulsan a 31 Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia, que se inaugura o vindeiro día 18 e se prolonga ata o 25 de xullo. O director do festival, Roberto Pascual, sinalou que o presuposto nesta nova edición é de 200.000 euros, algo máis co ano pasado debido ó aumento da aportación da Deputación, que pasou dos 30.000 ós 35.000 euros, ademais de incorporarse como coorganizadora do evento, e tamén á axuda do Ministerio de Cultura, que doblou a cantidade de 20.000 ata os 40.000 euros, aínda que o proxecto que presentou a organización da MIT optou por concurrencia competitiva ás axudas que destina o ministerio para este tipo de festivais. "Foi un dos proxectos mellor cualificados de todo o Estado español", puntualizou Roberto Pascual. Ademais, a Xunta mantén a aportación nominal de 60.000 euros, que aprobou a raíz de outorgar á MIT o Premio da Cultura Galega.

Roberto Pascual e a concelleira de Cultura de Ribadavia, María López, tamén anunciaban que se concede este ano a distinción honorífica da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia á Asociación Galega de Empresas de Artes Escénicas, Escena Galega. O director destacou que esta entidade agrupa a diversas compañía do teatro galego, "un bo número de compañías históricas unírosne nesta asociación para dotala de maior forza de cara a sociedade e o público e para renovar o obsoleto sistema de concesión de axudas onde se priman máis as cuestións numéricas que as artísticas", indicou.

Roberto Pascual engadía que "se esquece a difusión do teatro galego. É importante a difusión e manter ós espectáculos con certa estabilidade ocupando os teatros". Tamén se refiriu a que "hai moitos espazos pero non están sendo correctamente xestionados porque se atende máis ó ladrillo que ós contidos".

Espectáculos, obradoiros, cursos, actividades paralelas, reforzarán este ano a Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia, segundo apuntou o director.

Te puede interesar