A rapazada de Oímbra goza dun verán activo

A rapazada asistente permanece atenta ás explicacións.
photo_camera A rapazada asistente permanece atenta ás explicacións.

Os nenos e nenas participantes na actividade do “Oímbra-Verán”, aprenderon e degustaron uns deliciosos bocatas a través do programa da Xunta “Fai Clic ao teu bocata!”.

Unha actividade más que se enmarca noproxecto socioeducativo “Oímbra-Verán”, levado a cabo por profesionais especializados, cuxo obxectivo fundamental é facilitar unha alternativa de ocio e lecer educativo de calidade nun entorno cercano, cómodo e sobre todo divertido, ao tempo, que se procura a conciliación da vida laboral e familiar.

Un día á semana reforzará a xornada un profesor/a de inglés, aplicando a 3ª lingua nos xogos, na clase, no almorzo...e  tamén, un día á semana haberá clases impartidas por profesionais con actividades deportivas.

Te puede interesar