Aprende a facer un coche de carreiras

photo_camera Aprende a facer un coche de carreiras seguindo estos sinxelos pasos.

1. Aínda que facer un coche de carreiras é un pouco laborioso, o resultado vai merecer moito a pena e os materiais que necesitas son moi sinxelos de atopar: dúas palliñas de beber, dous pauciños finos, dous paus planos -como de polo de xeado-., catro tapóns de botella -asegúrate de que son todos iguais-, dúas pilas gastadas, gomas e pegamento.

2. O primeiro paso será pegar por un dos lados os paus planos conseguindo unha forma como de flecha. Despois, corta tres anacos de palliña, un máis longo para a parte de adiante e dous do ancho dos paus para a parte traseira. Corta un anaco dos paus finiños e pono adiante de todo coma se fora un aguillón.

3. Corta agora dous anacos dos paus finos. Un deles terá que ser un pouco máis ancho cá palliña que colocaches na parte de adiante. O outro, terá que sobrepasar toda a parte traseira, introducíndoo a través dos dous anacos de palliña que xa tes pegados. Colle dous tapóns e ponlle unha goma arredor para as rodas de atrás.

4. Para colocar as rodas, fai un buratiño co pau fino no centro de cada un dos tapóns e pégaas nos paus que tes colocados en cada eixo do coche. As rodas con goma van na parte de atrás e as outras, adiante. Corta outro anaquiño do pau máis fino e pégao no medio do eixo de atrás cun puntiño de pegamento.

5. Agora necesitamos que o coche de carreiras pese un pouco para que camiñe e colla velocidade. Para isok, pegamos as dúas pilas sobre os paus planos contra a parte de atrás. Cando estea todo seco, podemos prepararnos para facer correr o vehículo e, para iso, necesitaremos unha goma elástica.

6. Facer andar este coche é moi sinxelo. Tan só terás que enganchar a goma elástica no pauciño que puxeches na dianteira e, o outro extremo, na parte de atrás. Neste punto, xira moitas veces o eixo sobre si mesmo para que enrosque a goma. Pon o coche sobre unha superficie plana, sóltao e a correr! Xa sabes… Mans á obra!

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_1505_lagrimeo_01
Escola de Familias

Lagrimeo en el lactante