XORNAL ESCOLAR

Atención aos alumnos antes e despois das clases

photo_camera El CPR San Pio X.

O CPR San Pío X ofrece atención temperá para facilitar a conciliación familiar, servizo de comedor e actividades extraescolares despois da xornal escolar

Actualmente o CPR San Pio X ten unha plantilla de 14 profesores que atenden ás seis unidades de Educación Primaria, tres de Educación Infantil todas elas concertadas, unha de Audición e Linguaxe e unha de Pedagoxía Terapéutica. Responden ás necesidades educativas de todo o alumnado desde 4º de educación infantil ata 6º de educación primaria.

Este centro educativo situado na avenida de Zamora en Ourense conta cunhas amplas e equipadas instalacións educativas. As aulas están perfectamente dotadas facilitando o acceso ás novas tecnoloxías de todo o alumnado do CPR San Pío X.

Que servizos ofrece o centro ao alumnado e ás familias?

O centro ofrece o servizo de Atención temperá: atendido polos profesores do centro para facilitar a conciliación laboral das familias, en horario de 8:00h – 9:00h.
Servicio de comedor: está atendido tamén por profesores do centro en colaboración con Serunión e en horario de 14:00h – 15:30H.

Despois da xornada escolar ofrecemos actividades extraescolares: ao ser un centro con xornada única ofertamos actividades de 15:30h – 17:30h de luns a venres.

E por último destacar o campamento de verán: en agosto en colaboración ca parroquia organizase un campamento de verán,no que de xeito voluntario colaboran profesores do centro.

En que proxectos está traballando o CPR San Pio X?

Participación en proxecto medio-ambiental; os alumnos de 5º e 6º ocúpanse de manter as zoas axardinadas do patio, en proxectos solidarios: carreira contra a fame, paraugas solidarios…. O centro tamén está inmerso nun proxecto de animación á lectura: os alumnos/as de 3º de primaria amplian o seu interés pola lectura facendo conta-contos e léndolle aos nenos de Infantil.
Os alumnos de 1º levan a mascota da aula semanalmente e escriben as vivencias ca mascota na casa e un debuxo.Este ano para celebrar as letras galegas estamos a facer o “1º certame de relato curto”. Anualmente editamos a revista Escolar “Aturuxo” e participamos cos alumnos de 6º no concurso do Xornal escolar da Región co xornal SPÍO . Iste curso co motivo da celebración do IV centenario da publicación de II parte do Quixote os alumnos de 4º de Primaria traballaron esta obra.

As novas tecnoloxías tamén están moi presentes no centro educativo, que proxectos destacarían  neste campo nas diferentes etapas educativas?

Tentamos achegar o alumnado as novas tecnoloxias traballando con diferentes programas, e realizando actividades. 3º/4º.- presentación en Power- Point, envío de e-mails. 5ª /6º.- creación e edición de texto e fotos. Selección de contidos Web. O centro dispón de pizarras dixitais en tódalas aulas. Pomos a disposición dos alumnos/as os contidos dixitais de “Aula Planeta”, Savia dixital e Oxford Plus. Destacar o blog “Estudiar y jugar” creado por David Feijoo titor de 1º de Educación Primaria, onde comparte material de axuda para os nenos e as familias que visiten este blog, encontran material para aprender xugando.

Que actividades extraescolares oferta CPR San Pio X despois da xornada escolar?

Os alumnos poden asistir despois do horario lectivo a clases de Inglés, Teatro, Axedrez
e Whu-Shu.

Luis García González leva vinte e oito anos no centro educativo CPR San Pio X e seis como director. Imparte Lingua Galega e Lengua Castellana en 5º e 6º de Primaria; Coordinador do proxecto medioambiental e dos servicios de comedor e Atención temperá.

Fani Graña Coello, Mestra Educación Primaria

Titora de 2º de Educación Primaria, membro do Equipo de Pastoral e xunto cos profes de 1º , 3º e 4º está a levar a cabo a introducción de novas técnicas de aprendizaxe (Aprendizaxe cooperativo, Intelixencias múltiples…).

Nuria Airas González, Mestra Educación Infantil

Titora de 5º de Educación Infantil , secretaria do Cpr San Pio X. Tamén é a coordinadora das actividades do Entroido e das celebracións de fin de curso que se celebran todos os anos no centro escolar.

Javier Fernández Quintas, Mestre de Música

Profesor de Música e de Pedagoxía Terapeútica no Cpr San Pio X. Coordinador de E.N.L.G, forma parte do equipo de novas tecnoloxías do centro.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_1505_lagrimeo_01
Escola de Familias

Lagrimeo en el lactante