entroido

Das cores ás cinzas

CEIP Profesor Albino Núñez.
photo_camera Os excursionistas sumáronse á festa de disfraces do CEIP Profesor Albino Núñez (XESÚS FARIÑAS).

Os estudantes están inmersos nunha serie de actividades medioambientales como o visionado dunha película, actividades de reforestación, o coidado do horto ou o proxecto de decoración do centro "Escola ponte guapa"

A temática escollida este ano para celebrar o Entroido no CEIP Plurilingüe Profesor Albino Núñez estivo estreitamente relacionada cun proxecto no que están a traballar este curso. Denomínase "Das cores ás cinzas" e nel participan os escolares de Infantil e Primaria, xunto aos seus profesores e á colaboración da Anpa. 

No mes de febreiro comezaron cunha proposta do equipo de Dinamización da Lingua Galega do centro, que convidaba durante ese mes a ver en todas as aulas a película "O bosque animado", para despois comentar cos escolares o valores e contravalores que aparecían nela. Posteriormente, cada grupo tiña  que decidir o seu disfraz coa temática do bosque.

Foi nese momento cada xurdiu unha gran idea, no momento que o grupo de 1º de Primaria decidiu disfrazarse de bosque en cinzas. Pensaron que sería unha boa oportunidade para expresar a través dos disfraces a vida que se pode atopar nun bosque, o bosque das cores, e a destrución á que podían levar os humanos, o bosque das cinzas, relacionando as accións destrutivas cunha frase da película que impresionou aos nenos, xa que cando os animais querían desexar bos sorte dicían "Que o ser humano te ignore".


Proxecto medioambiental


O proxecto inicial que marcou este ano os disfraces do Entroido denomínase "Entre salgueiras, bidueiros e carballos", que se completa coas acción que realizan na horta escolar, coa actividade "Escola ponte guapa" (na que un día á semana se adican a encher o colexio de plantas e de flores), con saídas medioambientais para coñecer a contorna, e cunha reforestación que levarán a cabo no monte de Palmés.

Esta actividade coa que os escolares están a aprender moito é posible gracias á implicación do profesorados e de todas as persoas que traballan no centro no desenvolvemento desta proposta como o equipo da biblioteca, o de dinamización la lingua (do que partiu a proposta), do equipos Tics, etcétera. Non nos podemos esquecer da estreita colaboración da Anpa en todas as actividades que propón o centro, así como todas as familias que axudan en todo o que lles solicitan, soamente así  é posible que os escolares adquiran unha formación integral e en valores desde idades temperás.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar