XORNAL ESCOLAR

Dinámicos na aula e na tele

photo_camera Escolares del CEIP Plurilingüe Albino Núñez.

O CEIP Plurilingüe Albino Núñez vai máis aló do exclusivamente formativo e presta servizos complementarios para favorecer a conciliación da vida laboral e familiar

Esta semana, visita o espazo de Telemiño, "Xornal Escolar", o Ceip Plurilingüe Albino Nuñez. Este programa permítenos coñecer de cerca este centro e ao seu director.

O director do centro, Xose Rodríguez Iglesias, é o atrevido concursante que se someteu ás preguntas e acertixos que os alumnos do colexio prepararon con anterioridade.

O director manifestou a importancia do comedor escolar, está considerado un recurso educativo, no que este ano destacan as 4s (silencioso, sorrinte, solidario e saudable), un comedor no que se trata de educar é unha clase máis, non so é comer.

Os alumnos de 4º e 5º de primaria foron os que representaron ao colexio, grandes profesionais da comunicación e moi responsables nas tarefas encomendadas.
África Franco, Melisa Rodríguez e Marcos Fernández foron os co-presentadore deste espazo, xunto con Conchi Pérez, exerceron con ilusión a terefa de presentar este espazo de moda entre os escolares da provincia de Ourense.

Convidamos a tódolos lectores a visitar a páxina web do Ceip Plurilingüe Albino Nuñez que diariamente mostra a variedade de actividades realizadas.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_1505_lagrimeo_01
Escola de Familias

Lagrimeo en el lactante