XORNAL ESCOLAR

Doce experiencia

20170529204208176_result
photo_camera O apicultor, José Manuel González, e todos os estudantes de infantil do CEIP Virxe de Covadonga.

Os estudantes de Educación infantil, do CEIP Virxe de Covadonga de Ourense, realizaron un interesante e apaixonante proxecto sobre as abellas.

Sentíronse auténticos apicultores. Descubriron como son, como traballan, como nacen e medran, onde viven, como se organizan e os produtos que elaboran co néctar e o polen. Fixeron unha ampla e interesante variedade de traballos sobre as abellas e decoraron as aulas e os corredores.

Ademais recibiron a visita de José, un apicultor da Serra do Xurés, que lles amosou o fascinante mundo das abellas e da recolección do mel. Levoulles colmeas para que puidesen ver como son, puideron ollar e toca as celas e os panais, e explicoulles como coidaban das abellas e como recollen os produtos que elaboran estes pequenos e intelixentes animais: o mel, o propéleo,a jalea real,a cera coa que se fan as velas dos aniversarios....Tamén viron as ferramentas que utilizan para o seu traballo: o traxe de apicultor, o fumeiro, as pinzas, a vasoira e practicaron con elas: vestiron o traxe, afumaron a colmea, sacaron as panais ,limparon as celas... Este fabuloso proxecto rematou coa degustación do mel, mesturado tamén con tosta de queixo, con dátiles e con froitas. Unha incríbel experiencia para os estudantes e mestres de educación infantil do Ceip Virxe de Covadonga.
 

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_1505_lagrimeo_01
Escola de Familias

Lagrimeo en el lactante