Exemplos de ensino

14cramonterrei08
photo_camera Lydia vestiuse de fallera para amosar as tradicións da súa terra.
O CRA Monterrei acolle a dous futuros mestres en prácticas de Jaén e Valencia

O Colexio Rural Agrupado Monterrei está situado no Val que lle dá nome, nos concellos de Monterrei e Verín. Ten tres escolas nas aldeas de Pazos, Vences e Vilaza e a súa sede está en Albarellos. Neste curso conta con 33 alumnos, que reciben a ensinanza de oito mestras e un mestre, dos cales tres son titoras e seis son itinerantes. Todos os grupos son multigrado; é dicir, aprenden xuntos nenos de diferentes niveis do segundo ciclo de Educación Infantil e de primeiro e segundo de Primaria. Ó impartir o programa Plurinfantil, conta cunha auxiliar de conversa americana, ten un Club de Ciencia e participa en contratos programa e en varios proxectos de Formación Permanente do Profesorado.

Incubando ovos de galiña e de paspallás.

Incubando ovos de galiña e de paspallás.

Este ano, ademais, a Fundación Princesa de Girona elixiu ao CRA Monterrei, xunto con outros 22 colexios a nivel nacional, para participar na primeira edición do proxecto "Generación Docentes", un programa innovador, orientado ao desenvolvemento profesional de futuros mestres,para realizar as súas prácticas nunha escola rural de referencia, coa finalidade de que se convertan en docentes transformadores. Ata o CRA Monterrei chegaron Raúl Vega e Lydia Cases, de Andalucía e Valencia, repsectivamente, para realizar as súas prácticas. Dende febreiro, os pequenos descobren as tradicións, produtos, cultura e festas de Jaén e Valencia, mentres os futuros mestres gozan e aprenden na realidade da comarca. Lydia e Raúl están a coñecer como é a práctica docente, en contacto coa natureza, experimentando, investigando e aproveitando os recursos que hai ao redor, nas aldeas. Descobren como é o ensino nas aulas multigrado, cunha atención individualizada e cun contacto moi estreito coas familias, mentres o claustro do CRA aprende con eles e se contaxia coa súa ilusión e desexo de formarse e de ser mestres.

14cramonterrei11

Sabela comproba canto medrou a tomateira.

"A participación neste proxecto permite visibilizar o noso traballo e poñer en valor a escola rural, pois está a ter unha grande repercusión nos medios e nas redes socias", explican dende o centro centro, gracias á difusión que fai a Fundación Princesa de Girona. 

"No CRA Monterrei podemos amosar así os nosos proxectos e experiencias e dar a coñecer como ensinamos, empregando todo tipo de medios tecnolóxicos, dende mesas de luz, robots interactivos, ordenadores, pantallas dixitais, tablets, ata microscopio dixital e ao mesmo tempo,cociñamos, investigamos, coidamos os hortos escolares, criamos bichiños e aprendemos moitos dos contidos do currículo experimentando e en contacto coa natureza". Un Colexio Rural Agrupado é un centro cunhas características singulares, onde os corredores son as estradas que unen as aldeas,deles en Galicia hai 27 e neles estase a facer un intenso traballo pedagóxico e de innovación educativa.

14cramonterrei02

A aprendizaxe faise en contacto coa natureza.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_1505_lagrimeo_01
Escola de Familias

Lagrimeo en el lactante