Camiño de Santiago

Peregrinación en familia pola Vía da Prata

A actividade desenvolverase 
en 26 etapas os sábados.
photo_camera A actividade desenvolverase en 26 etapas os sábados.
Pais e fillos percorren a vía da prata en 26 etapas impulsados por Fapa As Burgas para promover o Camiño

"Escolares camiñando en familia" é o título do proxecto da Federación de Anpas "As Burgas" de Ourense que levará a preto de 2.000 persoas a percorrer a Vía da Prata durante 26 etapas. Alumnos e familiares comezaron xa hai dúas semanas o seu percorrido cara Compostela tomando como punto de partida o municipio da Canda, no Concello da Mezquita. Ó longo das dúas primeiras etapas e patrocinados por Aguas de Sousas e o catering Gallego Cid, os participantes tiveron xa ocasión de coñecer numerosos puntos de interese desta vía de peregrinaxe que atravesa a provincia de Ourense.

Está previsto que a proposta se porlongue ata o 3 de setembro, día en que realizarán unha festa de fin de etapa en Ourense para festexar a súa chegada a Compostela. Ata entón, as 26 etapas previstas estanse desenvolvendo ós sábados e cada día vanse sumando máis familias á actividade. 

Segundo explican dende a organización, trátase dunha proposta co obxectivo de "salientar a riqueza cultural, natural e humana do Camiño de Santiago, fomentando o coñecemento do patrimonio relacionado" con esta vía entre os máis novos. Para iso, en cada xornada contan con guías turísticos que lles explican os principais elementos patrimoniais da zona, así como xogos populares, actuacións musicais ou propostas de convivencia, sen esquecer o carácter solidario que Fapa "As Burgas" inclúe en tódalas súas iniciativas.

Tanto a festa que celebrará a fin dos "Escolares camiñando en familia" como cada unha das etapas están abertas a tódalas familias ourensás interesadas en participar. Tanto o formulario de inscripción como a información de cada unha delas está disponible na súa páxina web.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_1505_lagrimeo_01
Escola de Familias

Lagrimeo en el lactante