Xornal Escolar
Tempo de troula e de conciliación con Amencer
O meu cole chámase...
Aínda que naceu no concello pontevedrés de Valga en 1906, a figura de Xesús Ferro Couselo estivo moi ligada a Ourense. Á cidade chegou en 1941 ó aprobar a oposición como arquiveiro. Tal foi o seu traballo pola cultura ourensá que rematou aquí a súa vida en 1975 e foi nomeado fillo adoptivo. En Ourense creou un equipo de colaboradores do Museo Arqueolóxico en 1942, contando con nomes tan salientables como Vicente Risco, Florentino López Cuevillas ou Xaquín Lorenzo “Xocas”, ó que o unía unha fonda amizade dende os tempos universitarios. Deste museo foi director trala súa inauguración en 1968.
Historiador de formación, Xesús Ferro Couselo foi homenaxeado co Día das Letras Galegas en 1996. Aínda que a súa obra escrita en galego non é maioritaria, durante a súa vida traballou arreo pola cultura galega e mesmo impulsou cursos de formación nesta lingua xunto Blanco Amor nos anos 70, ademais de participar na fundación do Partido Galeguista. A súa prolífica traxectoria incluiu a súa entrada como membro numerario da Real Academia Galega e leu o seu discurso de ingreso en Celanova -vila na que participou nos traballos arqueolóxicos de Castromao-. Foi un dos fundadores da Asociación Cultural Auriense e creo o Boletín Avriense.
“Conferencias, conciertos, misas y el bautizo del Instituto de Secundaria número cinco fueron algunos de los actos conmemorativos y académicos realizados ayer en honor al patrón de la mayor parte de los estudiantes, Santo Tomás de Aquino (…) Aprovechando esta singular fecha, el Instituto de Enseñanza Secundaria número cinco fue bautizado con el nombre del singular investigador ourensano” (…) Al acto conmemorativo asistió el presidente de la Real Academia Galega, Francisco Fernández del Riego, quien impartió un emotivo discurso sobre la figura y la dedicación de Ferro Couselo por impulsar la cultura ourensana” (Extracto do artigo publicado en La Región en 1998).
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Xornal Escolar
Tempo de troula e de conciliación con Amencer
Xornal Escolar
O Campamento Urbano de Amencer, un clásico das vacacións
Lo último
TENSIÓN POR LA GESTIÓN
El Colexio da Avogacía de Ourense se prepara para una asamblea convulsa
"RUIDO CONTINUO"
O Cimborrio estalla ante el auge del “tardeo”
FENDAS PERIGROSAS
O risco de deterioro pecha a ponte medieval de Lumeares
COPA DEL REY
Una Copa para ahogar las penas de la UD Ourense