PHOTOCALL

O Xornal Escolar entra na escola

A escola debe estar aberta á prensa escrita, polo que en maio do ano 2000 comezaba a publicarse o suplemento educativo, Xornal Escolar, de La Región. Leva 16 anos recollendo o traballo realizado polos estudantes da provincia de Ourense e a actualidade educativa dos centros educativos Ourensás. A través de diferentes seccións, ao longo destes anos, estamos máis preto do gran traballo que realizan os estudantes e os docentes. Ademais das entrevistas, axenda, traballos dos centros educativos, o programa de Telemiño, Escola de Pais, actualidade educativa... No Xornal Escolar encontramos, cada semana, noticias de actualidade ou encadenados, páxinas orientadas ao traballo na aula, un recurso que ofrece múltiples opcións de traballo individual ou grupal, un recurso capaz de facilitar a labor educativa e de mellorala.

No Ceip Rogelio García Yáñez, de Ramirás, dende a Biblioteca conmemoraron a semana da prensa cunha divertida actividade, onde todos os estudantes do colexio, en pequenos grupos, realizaron a lectura e a posterior exposición dos contidos aprendidos. Dun xeito lúdico compartiron cos demáis compañeiros a información da noticia traballada en equipos. Coa lectura do Xornal Escolar reciben información ademais de crear hábitos de lectura que permiten aprender a informarse, a emitir xuizos e opinións. Ler o Xornal Escolar supón adquirir coñecementos, desarrollar facultades de análise e síntese, ao mesmo tempo que  axuda a súa formación social.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_1505_lagrimeo_01
Escola de Familias

Lagrimeo en el lactante