ACCIDENTE DE TRÁFICO
Un herido en Barroso, Avión, al salirse de la vía e impactar contra la cuneta
Hórreos e Canastros
O profesor do departamento de Xeografía da Universidade de Santiago, Antonio Doval, publica “Hórreos e Canastros no Concello Ourensán de Avión”, un exhaustivo traballo de investigación sobre este elemento característico do municipio, que se presenta o venres 27 de xuño ás 19,30 horas no Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense.
Pregunta. Cantos hórreos hai en Avión?
Respuesta. Neste traballo contabilicei 1.057 hórreos, a maioría concentrados en 97 eiras, formando conxuntos agrupados orixinais. Hai 30 conxuntos centenarios de gran tamaño. Esto é un elemento diferenciador e converte a Avión, no concello do interior de Galicia que conta co maior volume de agrupacións orixinais.
P. Que elementos os caracterizan?
R. Destaca a súa antiguidade, xa que o 74% foron construidos entre o século XVIII e XIX, mentres que o 26% son da primeira metade do século XX. A tipoloxía predominante é a de canastros mixtos, a súa maioría de estructura de pedra combinada con madeira, o que permite unha mellor conservación. Mais da metade teñen unha estrutura ben conservada, por ser de pedra e porque contaron con traballos de rehabilitación, ou porque están en propiedades privadas. Un 33% precisarían unha restauración urxente e un 15% están xa en estado ruinoso.
Máis do 50% dos hórreos están en bo estado de conservación
P. Que indica a presencia dun número tan elevado?
R. Que o millo foi unha base fundamental da alimentación nesta zona. No século XVII e XVIII o concello superaba os 6.000 habitantes e chegou a 6.434 en 1940, debido á proliferación deste cultivo. Temos documentada a presencia de moitas levadas para regar o millo, o que amosa o ben que se daba este cultivo.
Os canastros e as levadas demostran que o millo foi fundamental na alimentación
P. Cales son os núcleos con mais canastros?
R. A maior concentración está no núcleo de Abelenda, con 114 canastros, en nove grandes agrupacións, destacando a da Eira do Penedo e a da Gandarela. Barroso conta con 77 e Córcores con 68.
O núcleo de Abelenda concentra máis dun cento de hórreos
P. Como se fixo o traballo de investigación?
R. Mediante a consulta de cartografía do catastro, xunto a documentación do Plan Xeral e de Patrimonio e a fototeca do Instituto Xeográfico Nacional, que me permitiu rastrear e comparar a evolución. Nos últimos seis meses fixen traballo de campo, visitando os hórreos.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ACCIDENTE DE TRÁFICO
Un herido en Barroso, Avión, al salirse de la vía e impactar contra la cuneta
3.000 EUROS DE FONDOS
Avión amplía su oferta deportiva con más material
EMPODERAMIENTO FEMENINO
Avión ofrece actividades a un centenar de mujeres
Lo último
ALTA CONCENTRACIÓN DE ACCIDENTES
La N-525 sigue siendo la más peligrosa de las vías de Ourense
DIEZ VIAJES DIARIOS
Ribadavia estrena nueva frecuencia con Ourense desde este martes