MUJERES DEL MEDIO RURAL
La banduense Isaura de la Torre, ganadera ejemplar
PLANES PARA EL PUENTE
O Xurés acollerá esta primeira ponte do 1 de novembro unha serie de actividades para aprender e desfrutar da natureza e coa natureza.
A cooperativa Xesta Brava e Lirio do Xurés ofertan, para o venres día 1 de novembro de 10,00 a 16,30 horas, unha saída para o avistamento da cabra montés, nun momento que coincide ademais coa época de celo do animal. Unha actividade para entender e comprender o ecosistema do animal, así como reflexionar e pór en valor o patrimonio natural. Ademais da observación da cabra en liberdade, a actividade incluirá unha interpretación dos rastros e pegadas doutros animais, así como da flora da zona. Con prazas limitadas, a actividade ten un custo de 30 euros que inclúe material óptico para o avistamento.
As propostas para visitar o parque natural, Reserva da Biosfera Transfronteiriza Gerês-Xurés incluen para o xoves 31 de outubro o evento etnográfico “Noite de Samaín”. O sábado día 2 está programada unha ruta polas terras de Castro Leboreiro (Portugal) con cea castrexa con Justnatur; e o domingo, unha ruta MiraXurés polos castros e bosques de outono. As propostas están incluidas no paquete ”Ecoturismo Xurés” que ofertan de maneira conxunta por Mira Xurés e Lirio do Xurés, cun prezo de 15 euros por persoa e inscrición previa.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
MUJERES DEL MEDIO RURAL
La banduense Isaura de la Torre, ganadera ejemplar
PATRIMONIO HISTÓRICO
El Gerês-Xurés acerca su historia a los escolares
COMPITE CON CANTABRIA Y BADAJOZ
La ruta de As Olas do Río Mao suma votos para ser el mejor sendero homologado de España 2026
Lo último