ROBOS EN 1 VIVIENDA Y 3 PUNTOS LIMPIOS
Penas mínimas por el “tour” de la chatarra en la Baixa Limia
EXCURSIÓN ESCOLAR
Os escolares do Xurés mudaron onte a paisaxe verde e gris do seu parque natural por unha paisaxe dunar, no medio do mar, na xoia nacional do Parque Atlántico. Parqueando, a nova proposta da Consellería do Medio Ambiente, permitiulles viaxar ata as Illas Cíes e coñecer a riqueza natural e medioambiental de Galicia. “É bo que os nosos cativos coñezan a nosa xeografía, que coñezan as nosas xoias e saiban como teñen que coidalas e, por outro lado cando se fagan maiores, que volten cos seus amigos coas súas familias”, dixo a conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ánxeles Vázquez, quen onte acompañou a cativada na súa excursión á “illa das gaivotas”.
A viaxe en autobús resultou un pouco longa para os cativos con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos, pero mereceu a pena por subirse, na dársena 4, a unha embarcación que os levou ata as Cíes. Alí desfrutaron da paisaxe e da natureza tan diferente ao Xurés, das rutas e recursos da illa e, aínda que o día non espertou moi de praia, remataron a tarde xogando na area e dándose o primeiro mergullo do ano. “Foi unha experiencia moi bonita, moi ben organizada e onde aprendemos moito”, recoñecía Alberto Pérez, director do CEIP do Xurés de Lobios.
A proposta que, tal e como anunciou Vázquez, terá continuidade no vindeiro curso para dar a coñecer a variedade de espazos protexidos galegos entre os máis cativos, coincidiu cunha xornada de convivencia de axentes ambientais dos parques naturais galegos, entre os que se encontraban varios representantes do Xurés. Un encontro para favorecer o intercambio de experiencias e coñecementos entre o persoal adscrito a estas áreas protexidas. “O seu traballo é silencioso, pero ao final está dando o seus resultados”, dixo Vázquez sobre a labor de control, inspección e investigación que fai o persoal dos parques galegos. “Un traballo no que hai que por moito amor e moito entusiasmo e incluso moitas veces con ampliación da súa xornada laboral porque, cando sucede algo, eles queren tanto a ese territorio que perduran nel ata que lles pode substituír outra persoa”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ROBOS EN 1 VIVIENDA Y 3 PUNTOS LIMPIOS
Penas mínimas por el “tour” de la chatarra en la Baixa Limia
IMPULSO AL EMPLEO LOCAL
Muíños y Lobios activan empleo del sector servicios
CASI DOS VUELTAS AL MUNDO
Ramiro, el párroco boliviano de los 78.000 kilómetros en la Baixa Limia
VICEPRESIDENTE TERCEIRO DA DEPUTACIÓN
Plácido Álvarez Dobaño, alcalde de Muíños: “Se as administracións apostan polo rural, entón teremos futuro”
Lo último
OBRAS E SALARIOS
Bande aproba un orzamento superior aos dous millóns
Ramón Pastrana
LA PUNTILLA
Esencias
SIN PLAY OFF
El Barco y el Barbadás despiden la liga el domingo
"DEBERES FEITOS"
Polémica en Trasmiras al no pedir ayuda por daños