COMPITE CON CANTABRIA Y BADAJOZ
La ruta de As Olas do Río Mao suma votos para ser el mejor sendero homologado de España 2026
O Festival Internacional Rebulir de Ramirás vén de presentar a programación do 15 ao 18 de decembro, unha ambiciosa proposta con ducias de actividades para todos os públicos. A Gala Central terá lugar sábado 17 no polideportivo do Picouto coa participación de Rebulir, Zes Pereiras da Croca de Portugal, Inanga Rapa Nui de Chile, CyD de Huéscar (Andalucía) e Ritmos y Costumbres de Perú. Gala conducida por Rubén Riós e Patricia F. Santana que incruirá a entrega dos premios Rebulir da Cultura Galega 2022 a Fuxán os Ventos, Celso F. Sanmartín e Xosé Luis Méndez Ferrín.
Na xornada do sábado está prevista a animación matituna dos Zes Pereiras da Croca na Praza Maior de Celanova e de Inanga Rapa Nui en Ramirás pola tarde. O domingo, serán os Zes pereiras da Croca co CyD de Huéscar os que clausuren esta edición na feira de Vilavidal.
A programación arrancará o xoves coa presentación do festival no Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense. Acto seguido sucederanse en Ramirás a apertura da feira turístico-promocional no centro cultural do Picouto e a exposición “Luces alén do mar” no centro de saúde. Tamén haberá actividades no Espazo Xove de Ourense, no colexio Rogelio García Yáñez e na residencia do Mosteiro, ademáis da foliada itinerante polas rúas de Celanova e Ramirás.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
COMPITE CON CANTABRIA Y BADAJOZ
La ruta de As Olas do Río Mao suma votos para ser el mejor sendero homologado de España 2026
LEGADO PATRIMONIAL
Grou defende a súa memoria
PREVENCIÓN DE INCENDIOS
Alcaldes de Baixa Limia se arman contra el fuego
Lo último
XESTIÓN DO TERRITORIO
A Casa Vella de Amiadoso, en Allariz, une cultura e ecoloxía para protexer o agro