PREVENCIÓN DE INCENDIOS
Alcaldes de Baixa Limia se arman contra el fuego
BAIXA LIMIA
O concello de Lobios contará, a partir do mes de agosto, con outro atractivo turístico: o foxo de Guende. Despois de dous meses de obras, os visitantes poderán contemplar unha construcción, que podería datar da época medieval, pensada para darlle caza ó lobo. A de Guende é unha trampa das chamadas "de cabrita", un xénero do que existen poucas referencias en Galicia e o primeiro no que se executa unha actuación de recuperación.
Os traballos consistiron en desbroces, preparación do camiño medieval de acceso, restauración do foxo e instalación de sinaléctiva explicativa sobre a importancia deste patrimonio. Estes sinais estarán no propio foxo, en Guende e en Lobios, segundo confirma o arqueólogo director do proxecto, David Pérez, quen traballou arreo xunto co seu compañeiro Celso Hugo Barba.Do mesmo xeito, os visitantes serán guiados ata a antiga construcción mediante esculturas de lobos a tamaño natural que foron realizadas por Toño Monteiro.
A data de construcción do foxo do lobo de Guende é "imposible" de establecer, pero "existen documentos do século VII que falan deste tipo de trampas", ó tratarse de construccións realizadas coas pedras sen traballar extraídas do propio monte. En calquera caso, "sabemos que deixaron de empregarse en torno a 1900", conta David Pérez.
Esta trampa para o lobo recén recuperada constitúe unha "magnífica obra" con paredes de máis de dous metros de alto colocadas para compoñer unha estructura circular, na que o lobo era engañado por medio por unha "cabrita", un cebo vivo que lle dá nome á trampa.
Para David Pérez, o foxo do lobo de Guende é tan só "unha pequena mostra da inxente cantidade de patrimonio cultural e arqueolóxico que atesoura a serra do Xurés. Os traballos de restauración foron posibles gracias a unha subvención concedida a través dos fondos Agader por unha contía total de 33.000 euros e conta co beneplácito da comunidade de montes de Guende.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
PREVENCIÓN DE INCENDIOS
Alcaldes de Baixa Limia se arman contra el fuego
ROBOS EN 1 VIVIENDA Y 3 PUNTOS LIMPIOS
Penas mínimas por el “tour” de la chatarra en la Baixa Limia
IMPULSO AL EMPLEO LOCAL
Muíños y Lobios activan empleo del sector servicios
CASI DOS VUELTAS AL MUNDO
Ramiro, el párroco boliviano de los 78.000 kilómetros en la Baixa Limia
Lo último
DEMOSTRACIONES DE COCINA Y CATAS
Diecinueve bodegas se preparan para la XIX Feira do Viño de Monterrei este fin de semana