LEGADO PATRIMONIAL
Grou defende a súa memoria
Os blancos
A Asociación Amigos do Couto Mixto nomeu este sábado a tres novos xuíces honorarios. Trátase dos presidentes das freguesías portuguesas de Soutelinho, Lamadarcos e Cambedo.
Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística, que fora nomeado el mesmo xuíz honorario en 2017, participou no acto e deulles os parabéns e a benvida aos novos xuíces. Aproveitou para recordarlles que “O Couto Mixto representa para galegos e portugueses o valor da democracia e da convivencia entre dous pobos irmáns pola lingua, pola historia e pola cultura”.
Xunto co nomeamento dos novos xuíces, celebrouse a escenificación das reunións que se celebraban antigamente no Couto Mixto, así como o encontro anual dos membros da Asociación de Amigos do Couto Mixto, convocante do acto. Tras el, os asistentes asistiron á actuación da cantante Uxía.
Un microestado
O Couto Mixto foi unha entidade política, comparable a un microestado independente, situado no val do río Salas e constituído polas aldeas de Santiago, Rubiás e Meaus, pertencentes aos concellos de Calvos e Randín e de Baltar.
En tempo das monarquías feudais, o Couto Mixto elixía por sufraxio directo dos representantes das casas o seu rexedor (xuíz) polo tempo de tres anos. Outros privilexios desta entidade singular eran o poder elixir a nacionalidade española ou portuguesa, dar asilo aos fuxidos da xustiza de España e de Portugal, non aportar soldados nin pagar impostos a ningún destes reinos ou ter liberdade de comercio e de cultivos.
Coa firma do Tratado de Lisboa (1868) os dominios do Couto Mixto quedaron baixo a soberanía de España. En contrapartida, pasaron á soberanía portuguesa as poboacións de Soutelinho, Lamadarcos e Cambedo, cuxos presidentes foron nomeados hoxe xuíces honorarios pola Asociación de Amigos do Couto Mixto.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
LEGADO PATRIMONIAL
Grou defende a súa memoria
PREVENCIÓN DE INCENDIOS
Alcaldes de Baixa Limia se arman contra el fuego
ROBOS EN 1 VIVIENDA Y 3 PUNTOS LIMPIOS
Penas mínimas por el “tour” de la chatarra en la Baixa Limia
IMPULSO AL EMPLEO LOCAL
Muíños y Lobios activan empleo del sector servicios
Lo último
DENUNCIAS DE LOS LECTORES
Cronista local | Las denuncias de los vecinos de Ourense hoy viernes, 14 de agosto
ECLIPSE PARCIAL LUNAR
Toda España vivirá un nuevo eclipse el 28 de agosto y se podrá ver a simple vista