Sandra Quintas: “Creemos no potencial turístico e o centro termal marcará un antes e un despois”
Los nuevos alcaldes de la provincia de Ourense
A creación de postos de traballo directos e indirectos e a mellora dos servizos, especialmente os adicados aos maiores, son os retos de Quintas
As eleccións do 28M foron as primeiras ás que se presentou Sandra Quintas, aínda que fai tres anos que asumiu a alcaldía de Bande. Os votos da veciñanza, que lle deron un edil máis ao PP en detrimento do PSOE, revalidaron o traballo da líder popular.
Cales son as sensacións?
Estou moi agradecida a todos os veciños. Despois de estar estes anos na alcaldía sen saber que pensaban de min, do meu traballo, pedinlles que me puxesen nota e non podo estar máis contenta co resultado. Agora xa son alcaldesa electa por todos os veciños, todo un orgullo para min e tamén máis responsabilidade. A parte de ganar con maioría, recuperamos un concelleiro. Sacamos máis votos, máis apoio, case o 75%.
Que valorou a cidadanía?
Se valora todo. Non solo o traballo, que é o que máis, o feito de facer cousas para o teu concello; tamén esa proximidade, ese contacto con eles as 24 horas, os 365 días.
Tivo plenos moi duros estes anos, que espera da oposición?
Foron anos difíciles, plenos moi complexos nos que sentía un ataque persoal, unha infravaloración: que era unha inepta, que non valía para nada… Nos plenos e nas redes. Pero ao final tes que despegarte de iso e simplemente traballar para os veciños. E que podo esperar? Si seguen os mesmos, creo que nada novo.
Que lle parece a renuncia de Manuel Baltar?
Acábome de enterar por vós, é unha sorpresa. Para Bande, e para min persoalmente, o presidente tivo un papel moi relevante. Fixemos grandes proxectos grazas a súa axuda. Agora mesmo non podo facer unha valoración, non o esperaba.
Tamén hai renovación no seu equipo, quen lle acompaña?
Cría que había que facer unha renovación. Non teño adicación exclusiva no concello e necesito ter xente nova ao redor que me apoie, que poida estar traballando comigo e que, ás veces, me poida substituír e así poder traballar holgadamente. É savia nova, algo que sempre trae propostas, con ilusión, gañas e que vive e está continuamente en Bande. Xente con perspectiva e que, en cociña, me dirá no que me estou equivocando.
Cales son os obxectivos para os vindeiros catro anos?
Nos imos centrar, e gastaremos todas as nosas enerxías, no proxecto termal. Xa estamos avanzando cada día, cada semana reunímonos con xente, porque son moitas as administracións implicadas. Temos moito camiño por andar, pero imos intentar de axilizalo todo o posible. Espérannos dous anos de trámites, pero despois penso que podemos ver a primeira pedra posta.
Que suporá o centro termal?
Vai a marcar un antes e un despois. Dinamizará a comarca. Creemos nel e será unha peza clave para o turismo, xunto con outras moi consolidadas como Santa Comba ou o xacemento romano. Creemos no potencial turístico deste concello. Nos falta dar os servizos, sabémolo. Non somos concello turístico porque non acadamos ese porcentaxe de aloxamento e niso estamos traballando. Veño da obra da casa do Baño e, se non é antes, en outono sacaremos a concesión para dar aloxamento. E tamén estamos traballando para licitar novamente o proxecto da rectoral de Santa Comba.
Que plans tendes para o rural?
Gran parte da nosa poboación é maior e temos moitos proxectos para eles, que tanto fixeron polo noso concello. Pero non me quero adiantar, tamén apostaremos e traballaremos polo sector primario e manexamos a apertura doutras vías para crear emprego, especialmente feminino.
Como quedará o PXOM?
Estamos traballando en facer un plan parcial só do núcleo de Bande, que é onde se necesita crecer e regular, porque un plan de todo o concello levaría moitos anos e diñeiro.
Que papel debe xogar Bande como cabeceira comarcal?
Bande vai a seguir tendo ese papel de cabeceira, porque todos os servizos están aquí e se van manter e, na medida do posible, mellorar.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
MERCADO ELÉCTRICO NACIONAL
Muíños lidera o aforro enerxético en seis concellos
POLIDEPORTIVO MUNICIPAL
Bande estrena cubierta sobre su pista de pádel
Lo último