ROBOS EN 1 VIVIENDA Y 3 PUNTOS LIMPIOS
Penas mínimas por el “tour” de la chatarra en la Baixa Limia
O Comité pola Memoria Histórica do Val do Limia reuníase nestas datas de Nadal para acordar, entroutras cuestións, a celebración dun homenaxe a todos os antifascistas de Muíños executados e represaliados polo fascismo. “Continuaremos a tarefa iniciada na curva de Fontaboa no 2019, na ponte de Boado e Güimil (2020), nas proximidades do pozo do Inferno en Lobeira (2021) e o ano pasado en Ferreiros de Entrimo, sinalizando os lugares da memoria e da infamia”, subliñaban dende o comité, constituído no 2018.
A iniciativa desenvolverase en Mugueimes o 17 de setembro de 2023 e consistirá na instalación dun monolito de granito, inspirado nun menhir, obra do mestre canteiro Diego Currás que levará gravados os nomes das catro vítimas do municipio confirmadas polo momento: Benito Valencia Bouza, tenente de alcalde de Muíños; Lisardo Rodríguez León, guarda forestal; José Álvarez Fernández, membro da directiva do Sindicato Campesinho de Souto, e Lino Tejada Rodríguez, penúltimo gobernador civil do Alacant republicano.
Entre as actividades acordadas para o presente ano está a edición do libro “Moinhos republicano e antifascista’ e a publicación do número 6 do Comité pola Memória Histórica do Val do Limia. Asemade, organizarán a quinta e sexta edición dos roteiros dos fuxidos.
Na primavera está previsto seguir os pasos no camiño entre Entrimo Castro Laboreiro e, no último domingo de setembro, entre as Maus de Salas e Tourém.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ROBOS EN 1 VIVIENDA Y 3 PUNTOS LIMPIOS
Penas mínimas por el “tour” de la chatarra en la Baixa Limia
IMPULSO AL EMPLEO LOCAL
Muíños y Lobios activan empleo del sector servicios
CASI DOS VUELTAS AL MUNDO
Ramiro, el párroco boliviano de los 78.000 kilómetros en la Baixa Limia
VICEPRESIDENTE TERCEIRO DA DEPUTACIÓN
Plácido Álvarez Dobaño, alcalde de Muíños: “Se as administracións apostan polo rural, entón teremos futuro”
Lo último