Meaus exalta a amizade de España, Portugal e Senegal
Asociación Os Mixtos
Asociacións, artistas, mozos, veciños e visitantes de ambos lados da ‘raia’ reuniranse nunha programación que arrancará mañá xoves ás 10,00 horas
A aldea de Meaus, no concello de Baltar, acollerá do 26 ao 29 de xuño a Semana da Amizade. Un punto de encontro transfronteirizo da amizade, a cultura, a astronomía e a diversidade nunha aposta pola colaboración entre España e Portugal e cun convidado especial, Senegal.
A Asociación Os Mixtos lidera a organización, coa colaboración do Concello de Baltar e outras asociacións como Bregal, Inov-Terra, Asanta Teranga e Salzedas, que inclúe un programa cheo de actividades para todas as idades: concertos, teatro popular, mesas redondas, obradoiros, olimpiadas e ceas temáticas de acceso libre e gratuíto (salvo os xantares, que terán prezo simbólico), así como zona de pernoita.
Asociacións, artistas, mozos, veciños e visitantes de ambos lados da ‘raia’ reuniranse nunha programación que arrancará mañá xoves ás 10,00 horas, cunha mesa de benvida de cooperación transfronteirza, seguida de un faladoiro sobre dinamización rural e xuventude. Pola tarde, ás 17,00 horas, obra de teatro do CEIP Baltar, seguido do obradorio de decoración e música tradicional española.
O venres ás 11,00 horas está prevista a charla sobre Erasmus+ e seguido unha actividade lúdica (Peddy paper). Pola tarde haberá obradoiros de cocina portuguesa e baile africano e, tra-la cea con sabores lusos no restaurante Chaves do Couto, concerto de Baba Sall. O cartel de actividades intensificarase o sábado con máis obradoiros, teatro e música, e unha gran cea popular con queimada.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
CRISIS DE ABASTECIMIENTO
Cuatro días sin agua por una avería compleja en Baltar
INCENDIO FORESTAL
Controlado el fuego de Baltar tras arrasar 120 hectáreas de superficie
Lo último
La Región
¿Reemplazará la IA a los animadores?
BRAMIDOS QUE MARCAN ESTACIONES
Galería | Así suena el otoño en Ourense: la berrea llena de sonidos las montañas