BIBLIOTECAS RENOVADAS
Mejoras en la biblioteca del Aquis Querquernis en Bande
CULTURA
A favor de obra foi a divertida posta en escena do CEIP Xaquín Lorenzo para os XXX Encontros de Teatro que este luns levantaron o telón en Bande. Ante un abarrotado salón de actos, Leire, Hugo e Rodrigo sacaron as primeiras risas e aplausos dunha posta en escena onde non faltaron as mestras cantareiras, homenaxeadas neste 17 de maio. “Ao principio estabamos nerviosos pero logo xa collemos ritmo”, dixo Leire Randino, que leva tres anos consecutivos actuando nas xornadas, das que destacaron a oportunidade para desfrutar da variedade de propostas que poden ver cada ano e, tamén, poder perder clases por unha semana.
A colaboración do Concello e da comunidade educativa local, do CEIP Xoaquin Lorenzo e do IES Aquis Querquennis, fai posible cada mes de maio a representación en Bande dunha ducia de obras teatrais, orixinais e inéditas. “Estar no rural ten as súas vantaxas, pero tamén inconvenientes. Sobre todo en tema ocio, isto é unha oportunidade fantástica para desfrutar deste tipo de espectáculos. É un xeito tamén de abrir o noso cole a toda a provincia, e de fóra”, dixo o director do CEIP, Santiago Gil, lembrando que “eu mesmo vin a actuar como alumno dun cole de Ourense”.
Unha valoración positiva que tamén expresaba a directora do IES Aquis Querquennis, Carmen Cid, quen dixo que os encontros, nos cales tamén participa o seu alumnado, son “un premio para todos”.
Na inauguración, que tivo lugar no salón de actos municipal, a alcaldesa Sandra Quintas dixo que “é un honor poder celebrar hoxe o 30 aniversario, e hoxe especialmente queremos destacar a todas as persoas que fixeron posible que isto nacera, que sembraron a semente do teatro. Os encontros son un fixo na programación cultural de Bande”, dixo la alcaldesa, nun acto que contou coa participación de diferentes técnicos e autoridades, así como Conchita González, en representación dos profesores que puxeron en marcha as xornadas nos anos 90. “Nunca se me ocorreu que puidesen chegar a tanto… e eu de velo”, dixo esta mestra que leva 18 anos xubilada, lembrando aos compañeiros. “Sempre se facía algo, pero ese ano Conchita Camiña, que sempre tivo moi boas ideas, propuxo unhas xornadas e tivo unha resposta grandísima e así ano tras ano”, dixo lembrando algún dos nomes que viñeron despois e que axudaron á consolidación dos Encontros como Manuel Araújo ou Pauliño Peña, do centro de recursos.
A programación continuará ata o venres con obras de entre 25 e 45 minutos no salón de actos do colexio.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
BIBLIOTECAS RENOVADAS
Mejoras en la biblioteca del Aquis Querquernis en Bande
A CHEGADA DO ENTROIDO
Galería | Os Troteiros de Bande percorren as súas aldeas
PERCORRIDO POLOS NÚCLEOS
Os Troteiros volverán levar a troula por tódalas aldeas de Bande
RECUPERAR EL EDIFICIO
Bande impulsa la rectoral para dinamizar el turismo
Lo último