DELITO DE ACOSO
Admite que se obsesionó con una directora de banco de Bande
SAN PEDRO DE BANDE
A igrexa parroquial de San Pedro de Bande acolleu onte o acto oficial do Día da Restauración da Memoria Lingüística de Galicia, que organiza tódolos anos a Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística de Galicia, coa participación de representantes institucionais e relixiosos comprometidos co fomento do uso do galego nos camposantos, ritos funerarios e últimas vontades.
No evento leuse a “Declaración de Bande pola lingua galega nos actos de memoria”, un acordo asinado pola Xunta, a Deputación, o Concello de Bande, o Imelga e as igrexas católica e evanxélica, para avanzar na normalización da lingua galega en tódolos ámbitos, convidando a unirse ao resto de alcaldes.
Así mesmo, no cemiterio banduense desvelouse unha placa no panteón familiar do presidente do Parlamento, Miguel Ángel Santalices, cun poema de Celso Emilio Ferreiro dedicado ao seu pai. Santalices salientou a iniciativa para “galeguizar as lápidas das persoas que sempre viviron en galego e defenderon a lingua”, e celebrou o compromiso co galego nos camposantos e actos fúnebres.
En representación da Xunta, o secretario xeral da Lingua, Valentín García, reiterou a importancia de “impulsar e prestixiar o uso da lingua en todos os contextos da sociedade, tamén no litúrxico e nos ritos funerarios”. O representante autonómico mostrou o apoio do Goberno galego “e o compromiso coa normalización do idioma en todos os espazos”, colaborando coa campaña “En galego, agora e sempre”.
Neste contexto, García lembrou que ao abeiro do Pacto pola Lingua “tense moi en conta tamén as crenzas e tradicións”, e fixo fincapé en medidas recentes como a publicación do Misal Romano en galego ou a dispoñibilidade en liña da Biblia na nosa lingua, animando á cidadanía a “empregar o galego tamén naqueles eidos que son menos visibles”.
O presidente da Deputación, Luis Menor, reivindicou o galego como “raíz e futuro de Galicia” e salientou que “a nosa lingua non é só o que fomos, é tamén o que queremos seguir sendo; o galego é herdanza, pero sobre todo é esperanza”. Destacou o labor dos concellos,“primeira liña na defensa da nosa lingua, alí onde hai un alcalde comprometido, hai galego vivo”. Menor reiterou o apoio da institución provincial “a todos os proxectos que fagan do galego unha lingua útil, moderna e presente en todos os espazos”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
DELITO DE ACOSO
Admite que se obsesionó con una directora de banco de Bande
GALICIA Y PORTUGAL UNIDOS
Bande, sede para la cooperación transfronteriza
QUEN CHO DIXO
¿Sabe usted que ayer sudaron el traje en Bande?
Lo último