DESAPARECIDOS EN OURENSE
Localizan a una persona desaparecida en Barbadás caminando en la carretera N-525
LÍMITE CON OURENSE
O Concello de Barbadás comezará hoxe luns as obras de rehabilitación do firme na rúa Fonsillón, e no tramo comprendido entre o cruce coa rúa da Campiña e o límite co municipio de Ourense. Trátase dunha actuación prioritaria do Plan de Obras 2025 do Concello de Barbadás, cun investimento de 30.000 euros e un prazo de execución dun mes.
A intervención foi solicitada pola asociación veciñal do barrio e supón unha mellora significativa para a seguridade e mobilidade tanto de vehículos como de peóns, ao tratarse dunha vía moi transitada que comunica o núcleo da Valenzá coa estrada N-525.
Os traballos incluirán o cambio do firme superficial, o pintado das marcas viarias e a substitución do actual redutor de velocidade, que se atopa moi deteriorado.
A tenente de alcalde e concelleira de Infraestruturas, Victoria Morenza, destaca que “desde o Concello marcamos como prioridade esta actuación debido ao mal estado do firme, e coa súa rehabilitación buscamos mellorar a calidade de vida da veciñanza”.
Esta actuación enmárcase nun conxunto de nove obras previstas no Plan de Obras 2025, que conta cun orzamento total de máis de 1,1 millóns de euros e inclúe melloras en iluminación, accesibilidade, equipamentos deportivos, saneamento e rehabilitación de infraestruturas en todo o municipio.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
DESAPARECIDOS EN OURENSE
Localizan a una persona desaparecida en Barbadás caminando en la carretera N-525
NUEVA CONSTRUCCIÓN
Los concejales no adscritos de Barbadás piden un Auditorio Municipal
BLINDAJE CONTRA EL MACHISMO
El PSdeG de Barbadás reclama una campaña contra la violencia machista
Lo último
UN CAFÉ SOLO
¿Y si tocamos?
ORGANIZA LAS ASIGNATURAS
El rués Isaac García Novoa crea una app para saber con qué nota aprobar
CRÓNICAS DE AGORA E SEMPRE
J. Santa Marina, tabaco, azucre e un tren
SEGUNDA FEDERACIÓN
Buen punto del Ourense CF ante el Bergantiños (1-1)