CULTURA GALLEGA
Barbadás se une por el impulso al Ano Oteriano
MULTAS DE ATA 500 EUROS
O Concello de Barbadás apela á responsabilidade e civismo dos propietarios de animais domésticos para manter limpos os espazos públicos debido ao crecente malestar pola falta de concienciación dalgúns donos de cans.
“Hai moito malestar, ten habido numerosas queixas e recollidas de firmas por parte da veciñanza pola falta de concienciación dalgúns propietarios”, explica Victoria Morenza, tenente alcalde e concelleira de Parques e Xardíns.
Ante esta situación, o goberno local de Barbadás vén de lanzar unha campaña de concienciación para recordar as normas básicas da convivencia e as sancións, que poden chegar aos 500 euros.
O Concello ten recibido múltiples queixas da veciñanza polo estado de beirarrúas e soportais do núcleo da Valenzá, o que motiva o lanzamento desta campaña, baixo o lema “Coida dos teus animais e da túa contorna”.
O goberno local recorda a normas básicas de convivencia (recollidas na ordenanza municipal, pero tamén na normativa autonómica e estatal), que inclúen a obriga de recoller os excrementos no espazo público e de botar auga por riba dos ouriños.
“Esta campaña realízase porque hai zonas comúns que están sendo ensuciadas por persoas que non cumpren coa normativa”, sinala Morenza. O último tramo da avenida de Celanova, antes de chegar ao Concello de Ourense, os soportais dos edificios e as zonas tapadas son os puntos máis conflitivos. “É importante recordar que existen unhas normas a cumprir ao ter unha mascota”, engade a edila Morenza.
O incumprimento da normativa implica sancións de tipo económico, que oscilan entre os 100 e os 500 euros. A campaña de concienciación levarase a cabo a través das redes sociais e coa colocación de carteis informativos no espazo público.
Victoria Morenza recorda que a responsabilidade do Concello é a vixilancia das rúas, polo que se intensificará nas próximas semanas. “Pero tamén apelamos ao civismo da poboación”, conclúe a concelleira de Barbadás.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
CULTURA GALLEGA
Barbadás se une por el impulso al Ano Oteriano
"INFRAFINANCIADO" Y PRECARIO
La Escuela Infantil de Barbadás cierra toda una jornada por huelga general
Lo último
Miguel Michinel
TINTA DE VERANO
La niebla
PLAN COOPEROU
Menor destaca a Avión como ejemplo de gestión
42 REPRESENTANTES
Ribeira Sacra exhibe su riqueza natural en la Cumbre del Paisaje