SUBVENCIONES NOMINATIVAS
Barbadás destina 120.000 euros para entidades locales
MELLORA DA VÍA PÚBLICA
O Concello de Barbadás iniciou a renovación de 581 vellas luminarias por tecnoloxía LED, no marco do proxecto aprobado polo Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE). Este é o terceiro plan de modernización do alumeado que o Concello presenta ante o organismo estatal, co propósito de reforzar o seu compromiso coa redución da pegada de carbono e o avance cara a un modelo de desenvolvemento sostible e respectuoso co medio ambiente.
A actuación, cun investimento total de 350.984,24 euros, permitirá reducir o consumo enerxético nun 83%. “As novas luminarias son LED de 2200K, dimensionadas conforme á normativa vixente en materia de eficiencia enerxética e calidade do alumeado exterior”, sinala o alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel.
A elección das luminarias que se están instalando baséase no Regulamento de Eficiencia Enerxética en Instalacións de Alumeado Exterior, que establece os niveis de iluminación adecuados para cada tipo de vía, os límites de consumo e potencia instalados, así como a redución da contaminación lumínica. “Este marco legal obriga a axustar a iluminación a uns parámetros técnicos concretos, evitando o sobredimensionamiento que presentaban moitas instalacións antigas”, explica Victoria Morenza, tenente de alcalde e concelleira de Servizos Públicos.
Nesa mesma liña, a edila destaca os beneficios das novas luces, non só en termos de aforro enerxético, senón tamén no ámbito da saúde e da seguridade viaria. “Estanse a colocar luces con temperaturas de cor baixas con moi pouca fracción de radiación azul, o que evita alteracións nos ritmos circadianos da poboación e contribúe a unha mellor calidade do descanso nocturno”, subliña Morenza. Ademais, estas luces incrementan a seguridade viaria ao reducir o deslumbramento de condutores e peóns e minimizan o impacto sobre a fauna da contorna. A súa elección tamén está en consonancia coa Estratexia Nacional de Ceos Escuros e coas directrices europeas.
“O obxectivo é reducir a sobreiluminación, axustar a luz aos niveis recomendados internacionalmente para garantir seguridade viaria e confort visual e avanzar cara a un modelo de alumeado máis sostible e eficiente, aliñado coas políticas enerxéticas e ambientais europeas”, conclúe o alcalde.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
SUBVENCIONES NOMINATIVAS
Barbadás destina 120.000 euros para entidades locales
IMPULSADO POLO CONCELLO DE BARBADÁS
Antes de que as voces calen: a memoria resiste en Barbadás
SIETE FUEGOS DESDE 2020
En busca del incendiario de Barbadás
CORTEJO FÚNEBRE
Queima do Meco: Barbadás declara el alegre duelo por sus mecos
Lo último