CULTURA GALLEGA
Barbadás se une por el impulso al Ano Oteriano
OBRAS
O Concello de Barbadás vén de adxudicar por 75.340,65 euros a rehabilitación do firme da pista que une os núcleos de Parada e San Bieito. A empresa Excavaciones P. Prol será a encargada de realizar a intervención, que comezará no mes de setembro. A actuación inclúe a limpeza e reapertura de cuneta, rozado e limpeza dos bordos laterais do camiño, construción de bocas de pozo, demolición do pavimento asfáltico en cruces de estrada, escarificación do firme existente para regular a superficie, bacheo de zonas puntuais, reforzo do firme do camiño e colocación de sinais verticais, entre outras melloras.
“Queremos actual sobre o entorno rural, non so sobre os grandes núcleos", resalta o alcalde, Xosé Carlos Valcárcel
Esta obra dá conta do empeño do Concello de Barbadás por dotar aos núcleos do municipio do equipamento mínimo de infraestruturas. “Queremos actuar sobre o entorno rural, non só sobre os grandes núcleos”, resalta o alcalde, Xosé Carlos Valcárcel. O vial é sumamente frecuentado, sobre todo en certas épocas do ano, polo que a intervención facilitará a mobilidade de veciños e visitantes. “Nesta zona está ubicado un dos lugares máis senlleiros de Barbadás como é o Santuario do San Bieito de Cova do Lobo”, recorda Valcárcel.
Este proxecto únese ao anunciado hai uns días para a estrada que une o núcleo de Barxa, en Piñor co barrio de Vistahermosa, en Ourense. Neste caso están previstos 92.908,64 euros para a obra. A intervención será realizada pola empresa Extraco e arrancará durante o mes de setembro, cun prazo de execución dun mes. A intervención incluirá a limpieza de cuneta, fresado da superficie existente, rega de adherencia, pintado das marcas viarias ou levantamento de dous reductores de velocidade de 3 metros, entre outras melloras.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
CULTURA GALLEGA
Barbadás se une por el impulso al Ano Oteriano
"INFRAFINANCIADO" Y PRECARIO
La Escuela Infantil de Barbadás cierra toda una jornada por huelga general
Lo último
COBERTURA DE PLAZAS CENTRALIZADA
Ourense se desmarca de un comunicado sobre las contrataciones en Urgencias
Ángel Mario Carreño
REFLEXIONES DE UN NONAGENARIO
La inteligencia artificial
32.000 OURENSANOS ATENDIDOS
La enfermería domiciliaria supera las 57.000 consultas en Ourense