Barbadás “sobre rodas”
DÍA DA BICI
A rapazada de Barbadás celebrou o Día da Bici cunha actividade na que un centenar de alumnos percorreu as rúas do municipio para concienciar sobre a utilización da bicicleta como un medio de transporte ecolóxico e saudable.
Un centenar de alumnos encheron as rúas de A Valenzá na mañá do xoves para celebrar o Día da Bici. Foron os nenos de 6º de Primaria dos CEIP Filomena Dato e O Ruxidoiro quen protagonizaron unha iniciativa impulsada pola Concellería de Educación, en colaboración coa Dirección General de Tráfico (DGT).
Subidos aos asentos da bicicleta e coa mente posta en darlle aos pedais, os máis pequenos do concello fixeron seus todos os espazos do municipio nun programa que se enmarca dentro do proxecto Camiño Escolar/Ruta Catalina.
Co obxectivo de concienciar ás familias sobre a utilización da bicicleta como un medio de transporte ecolóxico, seguro e saudable, o Día da Bici converteuse nunha xornada na que desfrutaron nenos e maiores.
“Ir en bici ao ao colexio é divertido, axuda a desenvolver a independencia, fomenta a actividade física e mellora a saúde mental da rapazada”, explica Marga Pérez, concelleira de Educación. É por iso que esta iniciativa foi gañada por participantes e quenes os acompañaron. Así, os pequenos ciclistas percorreron diversas rúas da Valenzá, tanto no tramo urbano coma ao carón do río. O concelleiro de Emerxencias, Daniel Rey, foi o encargado de guiar a actividade, na que tamén participaron docentes dos centros escolares, sumándose a unha iniciativa que puxo a Barbadás ”sobre rodas”. Para garantir a seguridade no concello, a Policía Local de Barbadás e Protección Civil ocupáronse de garantir a seguridade de todos os participantes na proba.
Ademais, a actividade contou coa presenza da xefa de sección de Seguridade Vial na Xefatura Provincial de Tráfico de Ourense, Estrella Garrido Calviño, quen fixo fincapé na importancia de respectar a normativa vial. Para concienciar e facer entender aos pequenos neste Día da Bici o necesario que é atender a todas as indicacións en materia de seguridade nas estradas, Garrido afondou nas indicacións que deben seguir para “conducir” con seguridade. “Ao coller a bici, vós tamén sodes condutores, e é moi importante conducir de forma segura e responsable”, explicoulle á rapazada.
O concello de Barbadás promove así unha conducción segura, sen deixar de impulsar o divertimento e a emoción entre os máis pequenos. Familias, docentes e alumnos do municipio desfrutaron dunha completa xornada de concienciación na que moitos dos asistentes xa anotaron a importancia da bicicleta e seguramente a convertirán no seu medio de transporte para os vindeiros meses de verán.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Guerra en Ucrania
Putin acepta reunirse con Zelenski, pero en Moscú
CAMINO DE PRIMERA
El Estrela acaricia el ascenso al golear en Linyola (1-4)