ESCASEZ DE MÉDICOS
La sanidad agita el pleno municipal de Carballiño
CITA GASTRONÓMICA
Os 25 restaurantes e mesóns do Carballiño que participan na Festa da Cachucha, prevista para o próximo domingo, calculan que ao longo do día servirán máis de 3.000 racións de cachucha. A día de hoxe, nalgúns destes locais xa se colgou o cartel de "completo", polo que o Concello recomenda efectuar a correspondente reserva. Os menús oscilan entre os 12 e os 25 euros e a festa comezará ao mediodía co desfile de folións e comparsas: Comparsa Ciklón, Comparsa Os da Caña, Folión de Fradelo, Folión Arrieiros de Petín, Folión de Tameirón e Viticultores de Vilamarín, ademáis da murga carballiñesa Os Liborianos.
Pola tarde, a partir das 18,00 horas, haberá o segundo desfile con folións e comparsas, entre elas a de Parada de Amoeiro, e as cinco gañadoras do pasado martes de Entroido. En total, 14 agrupacións con máis de 500 persoas desfilando polas rúas principais da vila.
Como anticipo, para hoxe está prevista unha nova Ruta das Tapas dedicada a cachucha, que se poderá degustar nos 15 establecementos adheridos a esta iniciativa.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ESCASEZ DE MÉDICOS
La sanidad agita el pleno municipal de Carballiño
FORMACIONES PRÁCTICAS
Carballiño forma nuevos monitores de tiempo libre
LA COMISIÓN DE FIESTAS
Sampaio anima a degustar cocido en carpa calefactada
Lo último