FESTA DO PULPO
Carballiño preparará unha tapa de pulpo de 610 quilos
O Concello do Carballiño abriu o prazo o pasado 10 de febrerio para que os vendedores ambulantes presenten a correspondente solicitude e documentación para poder contar con espazo nas feiras quincenales deste municipio. O prazo rematará o próximo 21 de maio e a documentación a achegar xunto coa solicitude presentaranse no Rexistro xeral do concello.
A través da publicación dun bando, advírteselles aos interesados que de non presentar esta solicitude de renovación no prazo indicado entenderase que se renuncia voluntariamente á renovación da autorización e polo tanto deberá deixar o posto libre por carecer de autorización para o exercicio da venda ambulante.
Tamén informa o Concello que non se concederán autorizacións nin cambios de titularidade aos titulares dos postos que teñan débedas dos exercicios anteriores por venda ambulante.
Por outra banda, os responsables municipales tamén informan aos titulares dos postos ambulantes que por decisión plenaria do día 14 do mes de decembro do pasado 2020 e como medida excepcional polo covid-19 acordouse suspender temporalmente a taxa correspondente ao 2021 polo que este ano o coste dos postos é de cero euros. Nunha situación normal, sen pandemia, ás feiras do Carballiño acuden sobre 150 vendedores ambulantes.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
FESTA DO PULPO
Carballiño preparará unha tapa de pulpo de 610 quilos
OCIO EN FAMILIA
Los niños carballiñeses vencen el calor en la Festa da auga
ARREDOR DE 300 PERSOAS
Galería | A Festa da Palabra acolle a entrega dos Premios Ínsua dos Poetas 2026
Lo último