BATALLA JUDICIAL EÓLICA
Desestimado el recurso de los ecologistas contra el eólico Serra do Faro
A execución do Plan Director Área Empresarial Carballiño implica unha mellora na urbanización, sinalización e servizos de ambos parques, segundo sinalaron fontes do departamento que dirixe a nacionalista Teresa Táboas.
O Consello da Xunta autorizou a sinatura dun convenio de colaboración entre a consellería e o Concello do Carballiño para levar a cabo as actuacións previstas neste programa, consistente na harmonización de ambas urbanizacións no referente ás beirarrúas, pavimentación, mobiliario urbano e sinalización viaria. O investimento de Vivenda e Solo quedará distribuído en dúas anualidades, correspondendo 1.157.695 euros ó exercicio deste ano e outros 1.094.201 con cargo ós orzamentos de 2009, e as obras de mellora deberán estar feitas antes do 31 de decembro do vindeiro ano.
Sinalización
Concretamente, no Parque empresarial reducirase o tamaño das rotondas, xa que dificultan o xiro para os vehículos articulados, e crearase unha zona arborada con inclusión de dúas illas ecolóxicas de reciclado e recollida de residuos orgánicos. No que respecta ó Polígono da Uceira executarase un novo firme de calzada tendo en conta que o pavimento está moi deteriorado, e námbolosdous parques unificarase a morfoloxía das beirarrúa, incluindo unha mellora da sinalización viaria de tipo horizontal e vertical. A propia Teresa Táboas explicou ós empresarios da asociación Área Industrial Carballiño (Aica) os detalles sobre estas actuacións de mellora previstas no Plan director nunha visita realizada no pasado mes de abril á vila do Arenteiro.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
BATALLA JUDICIAL EÓLICA
Desestimado el recurso de los ecologistas contra el eólico Serra do Faro
INSERCIÓN LABORAL
El obradoiro dual mejora calles y viales en Carballiño
PRESENTACIÓN OFICIAL
La Veracruz ya tiene himno y cartel de su año santo jubilar
Lo último
nueva estrategia de internacionalización de la Xunta
La Xunta abrirá oficinas en Brasil y Argentina para impulsar las exportaciones gallegas