8.000 NOCHES
Novo Rural crece y genera casi 800.000 euros en 2025
Como compaxina vostede o seu traballo de profesor con esta faceta de teórico investigador de cinema experimental?
Eu non me dedico profesionalmente ao cinema, son profesor, entón intento aproveitar o tempo o máis posible, o caso é ir facendo aos poucos nos momentos que hai libres.
Como diría vostede que é o cinema que fai Pagán?
Fago un cine experimetal e este non se axusta a normas, por iso moita xente non sabe nin o que é, porque está afeita a un cine reglado, o que se bota nas salas de cine e este é moi estándar. O experimental ás veces pode ir en contra de todos estes usos convencionais do cinema ou simplemente ignora ao narrativo tradicional e intenta explorar vías independentemente, é moi libre.
O cine experimental é moito máis interesante para a humanidade
Para aqueles que non a coñecen, como define esta arte?
Se o comparamos coa pintura, equivalería á pintura abstracta, a unha pintura figurativa, non representativa. O curioso é que na pintura todo o mundo sabe o que é e a acepta, pero no cinema aínda hai moita xente que nin o coñece, aínda está moi lonxe de que se sepa da súa existencia. Sendo o gran descoñecido, ao mesmo tempo influíu no audiovisual más coñecido como pode haber como son os videoclips ou a publicidade televisiva, que bebe moito das formas de facer do cinema experimental.
Vostede di que o seu cinema fai pensar, como se consegue?
No momento que te saes das normas e do canon, o primeiro que lle provoca ao público é unha interrogativa de que é isto e por que é así. Esto fai que eles mesmos teñan que pensar sobre o que están vendo e como poder interpretalo, moi a diferencia do cinema narrativo convencional que nos da todo explicado. É un cinema para xente adulta que deixa moitos flecos libres para que a xente interprete segundo as súas propias vivencias.
Sempre é unha satisfacción saber que o que fas atopa o seu público
Tamén hai un Alberte escritor, cal é o seu enfoque literario?
A faceta literaria ven primeiro que a do cine cronolóxicamente falando, xa que os aparellos mecánicos que precisaba para o cine non os tiña nun primeiro momento. Sempre busco un enfoque desde un punto de vista de vangarda, de romper moldes. As investigación formais que fago en cine aplicoas á literatura e viceversa. Non escribo nin para facer carreira, nin para ter un público, senon que facer o que che gusta sempre é bo para o corpo.
Que supoñen para vostede estes recoñecementos, como é o caso da mención honorífica do Festival Primavera do Cine de Vigo que lle otorgan?
Sempre é unha satisfacción porque descobres que hai xente ao outro lado interesada polo que fas, xa que eu fagoo porque mo pide o corpo e nunca sabes cal é o recibimento que pode haber ao outro lado. Esta mención honorífica me pillou de sorpresa, non a esperaba, pero me satisface, indica que o que fas atopa o seu público.
Co cinema fago o que me gusta
Deberían poñer máis en valor o cine experimetal?
Desde logo, este realmente é o único cine xenuino onde a xente fai o que cree que ten que facer e non é unha operación comercial.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
8.000 NOCHES
Novo Rural crece y genera casi 800.000 euros en 2025
ROTEIRO MANUEL MARÍA
Avantar celebra as Letras Galegas cunha “Afroliada”
64 AÑOS DE HISTORIA
La Festa do Pulpo unirá Carballiño y Lanzarote
OTERO PEDRAYO
Homenaxe á Xeración Nós na Insua dos Poetas
Lo último
"POR LA FUERZA PÚBLICA"
El juez Peinado declara acusada a Begoña Gómez y la cita el 9 de junio
RETRASO Y CAMBIOS
La niebla obliga a desviar tres vuelos con destino A Coruña