FESTA DO PULPO
Carballiño preparará unha tapa de pulpo de 610 quilos
Provincia
A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda publicará no mes de marzo unha orde de axudas dotada con 2,3 millóns de euros e destinada á creación ou mellora de infraestruturas en concellos de menos de 50.000 habitantes. A convocatoria, de carácter bianual, reservará 1,3 millóns a financiar actuacións municipais este ano e outros 950.000 euros quedarán para o vindeiro exercicio.
Así o anunciou a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, no transcurso dunha visita ao concello de Beariz para comprobar o resultado das obras de humanización acometidas no núcleo de Alvite grazas a un convenio de colaboración coa institución local.
A zona da intervención é unha aldea singular que nos últimos anos experimentou un gran pulo e desenvolvemento desde o punto de vista social, demográfico e mesmo turístico. Así, recuperouse a súa vía principal, actuando sobre o pavimento coa colocación de adoquíns de granito moreno e mellorando e renovando as instalacións para a recollida das augas pluviais e outros servizos. O proxecto supuxo un investimento superior aos 130.000 euros, que a responsable autonómica enmarcou dentro do chamado Plan Hurbe.
Neste ano 2021, a Consellería de Medio Ambiente manterá esta liña de colaboración cos concellos, reservando nos seus orzamentos máis de 7,4 millóns de euros para financiar actuacións en municipios e contornas urbanas. Parte deses fondos serán para infraestruturas en concellos de menos de 50.000 habitantes.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
FESTA DO PULPO
Carballiño preparará unha tapa de pulpo de 610 quilos
OCIO EN FAMILIA
Los niños carballiñeses vencen el calor en la Festa da auga
ARREDOR DE 300 PERSOAS
Galería | A Festa da Palabra acolle a entrega dos Premios Ínsua dos Poetas 2026
Lo último
RESPONSABLE DE LA WEB DEL DSN
El Gobierno cesa a un cargo del Departamento de Seguridad Nacional tras publicar la cifra de entradas a Ceuta