Alexandre Corbillón, poeta e estudante de Psicoloxía: "A Xeración Z non está tan lonxe das xeracións máis antigas"
FESTIVAL MULTIFORMATO
Alexandre Corbillón aportará a súa poesía nun festival no que se combinará coa música de grupos emerxentes ourensáns. É unha iniciativa da Insua dos Poetas para abrir as portas ás xeracións máis novas. Terá lugar o próximo domingo, ás 19,00 horas.
Alexandre Corbillón aportará a súa poesía nun festival no que se combinará coa música de grupos emerxentes ourensáns. É unha iniciativa da Insua dos Poetas para abrir as portas ás xeracións máis novas. Terá lugar o próximo domingo, ás 19,00 horas.
Nome completo: Alexandre Guerra Corbillón.
Lugar de nacemento: Celanova.
Idade: 20 anos.
Ocupación: Poeta e estudante de Psicoloxía.
Fálenos desta nova proposta que se desenvolve neste fin de semana.
É unha proposta da Insua dos Poetas para o achegamento entre a xente máis nova que se dedica á arte en xeral e sobre todo á poesía e música, da xeración dos máis xóvenes, da xeración Z, co obxectivo de mostrar a nosa cultura.
Trátase de abrir as portas aos máis mozos?
Si, brindarlles un soporte ás xeracións emerxentes da poesía, música e outras disciplinas.
Como vai transcurrir a xornada?
Primeiro haberá unha presentación e despois daremos paso á música combinada con recitais de poesía e a presentación do meu último libro.
Fálenos do seu libro.
Escribino en Islandia, traballeino durante dous anos. Fun a Islandia coas bolsas literarias de 2022 que concedeu a Deputación.
Foi unha estadía en Islandia gracias as bolsas literarias para aproveitala profesionalmente?
Si, e a partir de aí escribín o libro, que é como unha ponte que une as dúas culturas, a islandesa e a galega; e que tamén reforza a perspectiva de nós mesmos
Quen vai participar este domingo na Insua dos Poetas?
Contamos con tres grupos ourensáns emerxentes, fundamentalmente de rock: Arpía, Attlanticides e Fireplug.
Esta iniciativa da saída á creatividade da mocidade que conta con poucos espazos onde darse a coñecer?
Exacto, pretendemos coñecernos un pouco máis entre nós e seguir facendo o que nos gusta.
A Insua dos Poetas o que fai é unha rede da que vos poidades aproveitar?
É unha iniciativa moi interesante que nos permite o contacto entre nós e facer o que nos urxe.
En que momento chega a conectar coa poesía?
Desde moi pequeniño, empecei a escribir en libros e libretas cando estaba na escola e os profesores dábanme púo e nunca me dícían nada. Tamén me pedían que recitara en clases, sobre todo nas de literatura castelá e galega, e a partir de aí lanceime o meu primeiro libro, “Cristal”, que foi unha autopublicación que me costou moito. E agora este segundo libro xa é por editorial e está máis traballado.
Cal é a súa carreira profesional?
Espero que sexa Psicoloxía. Vou polo segundo ano en Cataluña e pretendo rematar alí a carreira, e xa despois o máster seguro que o farei aquí, pero non quero desvincularme nunca da literatura porque penso que son dúas cousas que se poden combinar moi ben.
Empatizar entre diferentes xeracións a veces é complexo?
É complexo pero penso que temos moitas cousas en común e a xeración Z non está demasiado lonxe das xeracións máis antigas, non estamos tan distantes como as xeracións que veñen detrás, porque fomos os ultimos que vivimos sen tecnoloxía, ao final penso que somos unha ponte coas xeracións máis vellas.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
DENUNCIAS DE LOS LECTORES
Cronista local | Las denuncias de los vecinos de Ourense hoy, domingo, 21 de diciembre
Guía para probar suerte en la lotería
Lotería de Navidad 2025, cuáles son las diferencias entre fracción, décimo, número, serie y billete