FESTA DO PULPO
Carballiño preparará unha tapa de pulpo de 610 quilos
Educación
O alumnado de 4º de ESO, 1º e 2º de Bacharelato do IES Nº 1 do Carballiño realizarán o próximo 28 de outubro dúas saídas didácticas. Unha delas, que está organizada polo Departamento de Filosofía e se vai desenvolver no Auditorio de Lalín, ten como obxectivo que os alumnos asistan ao obradoiro "Feminismos para as máis xoves e para as que non son tanto".
Será impartido por Beatriz Ranea e se enmarca dentro do Plan de Igualdade que, desde as institucións, están tentando implantar na nosa comunidade escolar.
Neste obradoiro, a través da interacción co alumnado presente, analizarase a escena actual do feminismo na sociedade.
A outra actividade que se desenvolverá durante toda a xornada escolar do mesmo día 28, é unha ruta xeolóxica, guiada polo xeólogo Eduardo Clavijo, pola parte ourensá do Canón do Sil, onde o alumnado coñecerá a hidroloxía, a xeoloxía e a xeomorfoloxía da zona, a través dun percorrido polo Alto do Rodicio, a Canteira de Verengo (onde coñecerán a formación granítica da zona) e Parada de Sil (para observar desde os famosos "Balcóns de Madrid" o comportamento hidrolóxico dos ríos).
Tamén visitarán a necrópole medieval de San Lorenzo de Barxacova, á pasarela do río Mao (onde verán o "Ollo de Sapo") e a localidade de A Teixeira, onde visitarán a Fervenza do Cachón e poñerán fin a ruta.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
FESTA DO PULPO
Carballiño preparará unha tapa de pulpo de 610 quilos
OCIO EN FAMILIA
Los niños carballiñeses vencen el calor en la Festa da auga
ARREDOR DE 300 PERSOAS
Galería | A Festa da Palabra acolle a entrega dos Premios Ínsua dos Poetas 2026
Lo último
DEMOSTRACIONES DE COCINA Y CATAS
Diecinueve bodegas se preparan para la XIX Feira do Viño de Monterrei este fin de semana