Antonio Montero repite como candidato do PP á alcaldía de Avión
O CARBALLIÑO
Antonio Montero chegou á política local pola súa implicación na organización de actividades culturais e deportivas para os mozos
Antonio Montero Fernández encabezará de novo a lista que o Partido Popular presentará ás eleccións do 26 de maio no Concello de Avión, onde goberna con maioría absoluta desde o 2007. Para o presidente provincial, Manuel Baltar, a candidatura ofrece “toda unha garantía para Avión e os seus habitantes polo apego á terra que sempre demostrou persoal e políticamente”.
Antonio Montero chegou á política local pola súa implicación na organización de actividades culturais e deportivas para os mozos. Era o ano 2003 “e nunca antes me plantexara ir nunha lista, pero invitáronme, aceptei e entrei no goberno como tenente alcalde”. O falecemento en 2005 do entón rexedor, Francisco Gil, levouno á presidencia da corporación.
O proxecto de Antonio Montero para Avión estivo marcado estes anos pola prestación de servizos, “en particular os de carácter social tendo en conta que temos moita xente maior”, puntualizou. O candidato engade que "é nosa obriga incrementar estes servizos mirando, por exemplo, cara aos nenos cunha gardería, ou mellorar as instalacións deportivas e organizar todo tipo de actividades para os veciños de calquera idade”. Ademais de referirse a necesidades de manter unha boas comunicacións.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
FESTA DO PULPO
Carballiño preparará unha tapa de pulpo de 610 quilos
OCIO EN FAMILIA
Los niños carballiñeses vencen el calor en la Festa da auga
Lo último
AGOSTO EN LLAMAS
Más de 2.200 hectáreas arden en el fuego de Pinofranqueado
SUBIDA DE PRECIOS
La energía eleva la inflación de la eurozona al 2,9% en julio
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: jueves, 20 de agosto