FESTA DO PULPO
Carballiño preparará unha tapa de pulpo de 610 quilos
O acto de entrega terá lugar esta fin de semana no Carballiño, dentro do programa do festival, que se celebra do 13 ao 16 de decembro, pechando a programación desta 34ª edición.
A asociación galardoada é unha entidade sen ánimo de lucro creada en 1985 que agrupa ós actores e actrices de Galicia, así como directores teatrais. Representa a máis de 330 actores e traballa pola defensa e reivindicación dos intereses da profesión na orde cultural, social e laboral. O premio outórgase desde o Fetega a este colectivo pola súa traxectoria e o seu fondo e continuado traballo de promoción e formación no sector das artes escénicas galegas, creando a unión necesaria entre os profesionais do sector.
Os premios Fetega son un dos principais valedores do prestixio do Festival do Teatro Galego. Cada ano avalían o compoñente artístico, premian a calidade e promoven a difusión cultural e o atractivo de produto presentado. Denominados desde 2017 “Premios Fetega Dorotea Bárcena”, o festival leva recoñecendo o labor dos artistas profesionais desde o ano 2006. Ademais deste premio de honra á traxectoria, outorgado pola organización, o sábado 16, o público asistente elixirá tamén o mellor espectáculo dos programados este ano, mediante votación directa en furna.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
FESTA DO PULPO
Carballiño preparará unha tapa de pulpo de 610 quilos
OCIO EN FAMILIA
Los niños carballiñeses vencen el calor en la Festa da auga
ARREDOR DE 300 PERSOAS
Galería | A Festa da Palabra acolle a entrega dos Premios Ínsua dos Poetas 2026
Lo último
DEMOSTRACIONES DE COCINA Y CATAS
Diecinueve bodegas se preparan para la XIX Feira do Viño de Monterrei este fin de semana