Avantar celebra as Letras Galegas cunha “Afroliada”
ROTEIRO MANUEL MARÍA
A cita acompañarase do Roteiro Manuel María cos centros educativos
A novena edición da “Fo-liada” e o tradicional Roteiro de Manuel María centrarán a programación das Letras Galegas impulsada pola Agrupación Cultural Avantar, en colaboración co Concello do Carballiño.
As actividades foron presentadas este luns no Concello polo responsable de Cultura, Diego Fernández, e o vocal de Avantar, Darío Rodríguez. Fernández destacou que a foliada, que terá lugar o 23 de maio, “é unha actividade que xa forma parte do calendario das Letras Galegas da nosa vila grazas ao gran traballo de Avantar”. A principal novidade este ano será a “Afroliada”, unha proposta que fusiona música tradicional galega e africana, “a cargo dun grupo musical do Barbanza que emprega instrumentos de percusión africanos e da nosa tradición como a gaita ou o tamboril”, explicou Rodríguez.
Este concerto, previsto para as 19,00 horas na Praza da Veracruz, será o preámbulo da foliada, que comezará ás 20,30 horas percorrendo diversos establecementos hostaleiros e rúas da vila. “Están convidadas agrupacións do sur de Lugo, do sur da Coruña e de Celanova, e tamén esperamos a moitos bailadores desta comarca e da comarca do Ribeiro”, asegurou Darío Rodríguez, destacando que “estamos seguros de que vai ser de novo un gran escaparate da nosa cultura máis xenuína”.
Avantar organiza tamén o tradicional Roteiro Manuel María os días 20 e 21 de maio, coa participación de escolares de centros educativos de Primaria e Secundaria que, guiados por un persoeiro, percorrerán lugares da vila.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
FESTA DO PULPO
Carballiño preparará unha tapa de pulpo de 610 quilos
OCIO EN FAMILIA
Los niños carballiñeses vencen el calor en la Festa da auga
Lo último
Xunta y Fundación Roberto Rivas
Baños de Molgas se consolida como motor de emprendimiento con el asesoramiento de más de 200 proyectos