O balneario das Caldas de Partovia terá novo acceso
MELLORAS
estes traballos incluso permitirán o paso de autocares ata as remodeladas instalacións do balneario das Caldas.
Os proxectos de asfaltado e mellora de estradas no rural do Carballiño estánse a executar nestes días nas parroquias de Veiga e Partovia, promovidos pola área municipal de Obras, que dirixe o propio alcalde, Francisco Fumega. No primeiro dos casos, remataron onte os traballos de asfaltado en quente na estrada ao pavillón polideportivo Paco Chao, chamada rúa do Monte do Moucho. Nesta mesma zona, os operarios están procedendo ao levantamento das tapas dos rexistros do saneamento e abastecemento para que finalicen tamén as obras de mellora do firme nas rúas do barrio do Ollal, entre o pavillón e o campo da festa de Veiga.
Por outra banda, en Partovia xa se atopa moi avanzado o ancheamento da estrada que comunica as localidades de Montegrande e As Caldas, co obxectivo de proceder ao asfaltado deste vial, que vai permitir aos vehículos circular con máis comodidade en ambos sentidos. Ademais, estes traballos incluso permitirán o paso de autocares ata as remodeladas instalacións do balneario das Caldas.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
FESTA DO PULPO
Carballiño preparará unha tapa de pulpo de 610 quilos
OCIO EN FAMILIA
Los niños carballiñeses vencen el calor en la Festa da auga
Lo último
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
Aprendiendo
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este sábado, 19 de septiembre
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: sábado, 19 de septiembre
INVESTIGACIÓN
Un 48% de españoles ya cuidó de un enfermo con alzheimer