Beariz acondiciona dous accesos de Lebozán
O Concello de Beariz leva a cabo as obras de acondicionamento de camiños en Lebozán, cun orzamento de 43.000 euros, que foron adxudicadas pola Deputación á empresa Cruzval. O proxecto afecta a dous camiños da localidade, o do Busto e o Principal.
O do Busto, xa rematado, contaba cun pavimento de formigón moi deteriorado e con grandes fisuras que dificultaban o tránsito a través do mesmo. Por outro bando, a canle de regadío, na marxe esquerda do mesmo, non estaba canalizada polo que se producían filtracións . Procedeuse á demolición de 85 metros cadrados de formigón e á execución dun novo pavimento. No relacionado coa canle de regadío colocáronse 23 milímetros de medio cano de formigón.
O outro camiño, o Principal, con acceso directo dende a estrada OU-212, dispón de pavimentos executados a base de rega asfáltica, tamén moi deteriorados. Aquí procedeuse á limpeza de 1.961 metros cadrados do pavimento existente e ao bacheo correspondente. Agora executaranse 1.961 metros cadrados de firme a base de mezcla bituminosa continua en quente, de 5 centímetros de espesor, segundo apuntaron as autoridades locais.
Con estas obras, os responsables municipais consideran que mellorará a comunicación nesta localidade de Lebozán, cunhos accesos mellorados.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
FESTA DO PULPO
Carballiño preparará unha tapa de pulpo de 610 quilos
OCIO EN FAMILIA
Los niños carballiñeses vencen el calor en la Festa da auga
Lo último
PRIMERA FEDERACIÓN
Siguiente test para la UD Ourense, en O Couto
Juan José Feijóo
MIGRANTES EN CEUTA
¿Y el Rey para cuándo?
XLI Xornadas de Folclore
Puentes a través de la cultura del Folclore
La Región
Un muerto ha matado