Beariz dedica unha avenida a la figura de Daniel Vázquez Gulías
concello
O concello descubre este xoves unha placa co nome do arquitecto que sustituirá ao de Carrero Blanco
O Concello de Beariz procederá este xoves, ás 17,00 horas, ao descubrimento dunha placa nunha rúa que vai levar o nome de avenida de Daniel Vázquez Gulías, rendindo así homenaxe a este arquitecto natural deste municipio. Con data do día 24 do pasado mes de setembro, en sesión plenaria, a Corporación de Beariz tomou o acordo de cambiar o nome da avenida Carrero Blanco por avenida de Daniel Vázquez Gulías fundamentalmente en base a que "existen feitos, datas e persoeiros que fixeron de Beariz un lugar cunha singularidade histórica que merece que teñamos presente e que lle deamos a visibilidade merecida para que non esmoreza no esquecemento", segundo consta na acta do pleno.
Así, refírense os responsables municipais a "persoeiros que co seu traballo e forma de vida levaron o nome de Beariz a instancias e ámbitos de prestixio e recoñecemento. Entre eles convén salientar a figura do arquitecto bearicense Daniel Vázquez Gulías, do que este ano se celebra o seu 150 aniversario".
Daniel Vázquez Gulías, arquitecto orixinario de Beariz, desenrolou unha importante carreira profesional, destacando de maneira singular na planificación da cidade ourensá e na creación dalgún dos edificios máis emblemáticos da mesma, segundo destacan as autoridades municipais, que tamén se refiren a outras importantes actuacións en distintos lugares, entre outros, que foi o creador do Gran Hotel da Toxa.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
INSERCIÓN LABORAL
El obradoiro dual mejora calles y viales en Carballiño
PRESENTACIÓN OFICIAL
La Veracruz ya tiene himno y cartel de su año santo jubilar
protagonistas
Aurora Bernárdez, la musa ourensana de Julio Cortázar
Lo último