A Biblioteca do Carballiño organiza obradoiros en contra da violencia de xénero
igualdade
As autoridades municipais animan ás familias a que apunten aos rapaces nesta actividade coa que se pretende concienciar sobre a igualdade de homes e mulleres
O primeiro obradoiro dos catro previstos pola Biblioteca municipal do Carballiño para este mes de agosto encheu o salón de actos da Casa da Cultura. Un total de 90 nenos da gardería Trastes e do servizo municipal Bo día Familia asistiron a este taller que se desenvolveu enmarcado no Pacto de Estado contra a violencia de xénero, e dentro do programa Ler conta Moito.
Os obradoiros sobre a violencia de xénero que organiza o Concello do Carballiño están dirixidos a nenos de 3 a 14 anos, e desenvólvense na Biblioteca. Os próximos terán lugar o 21, o 23 e o 30 de agosto. Todos en horario de 12,00 a 13,00 horas.
Para poderse inscribir hai que facelo na Biblioteca Pública Municipal, no email biblioteca@carballino.gal, no facebook da biblioteca ou no teléfono 607062626.
As autoridades municipais animan ás familias a que apunten aos rapaces nesta actividade coa que se pretende concienciar aos nenos sobre a igualdade de homes e mulleres.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
FESTA DO PULPO
Carballiño preparará unha tapa de pulpo de 610 quilos
OCIO EN FAMILIA
Los niños carballiñeses vencen el calor en la Festa da auga
Lo último