FESTA DO PULPO
Carballiño preparará unha tapa de pulpo de 610 quilos
INFRAESTRUCTURAS
O Bispado de Ourense afirma a través dun comunicado que "nin a Dirección Xeral de Patrimonio, nin a Delegación Episcopal de Patrimonio, nin o aparellador contratado polo Bispado para realizar a memoria técnica e levar a dirección de obra informaron de que a capela de Santa Rita de Armeses ameazase perigo para os fieis". Sae ao paso así das manifestacións do alcalde de Maside, Celso Fernández, que urxe a realización de obras para evitar o risco de desplome. O rexidor ratifícase en que precintará a capela para que non se celebre alí a Santa Rita.
O Bispado matiza que no ano 2014 o aparellador preparaba unha memoria técnica, informada favorablemente pola Dirección Xeral de Patrimonio e que contaba coa licenza de obra do Concello e que a día de hoxe estase a xestionar a súa renovación. "Desde o Bispado dispúxose todo para a realización das obras necesarias, chegando incluso a anticipar un pago de 6.050 euros, con data 29 de abril de 2015, a unha empresa proposta polos propios veciños, que non chegou a iniciar a obra, reintegrando dito importe". Agora, anuncia que levarán a cabo as obras da cuberta, que por causas alleas ao Bispado aínda non se fixeron.
O alcalde conta co informe do técnico municipal e sinala que "se considera que non hai perigo que presente unha certificación por escrito, porque varias empresas non quixeron facer a cuberta por medo ao desplome".
Contenido patrocinado
También te puede interesar
FESTA DO PULPO
Carballiño preparará unha tapa de pulpo de 610 quilos
OCIO EN FAMILIA
Los niños carballiñeses vencen el calor en la Festa da auga
ARREDOR DE 300 PERSOAS
Galería | A Festa da Palabra acolle a entrega dos Premios Ínsua dos Poetas 2026
Lo último
ENTRADA LIBRE
Acrobacias y malabares para todos los públicos
ANIMACIÓN
Música a través de una discomóvil retro
ENTRADA LIBRE
Música y teatro en A Mezquita