FESTA DO PULPO
Carballiño preparará unha tapa de pulpo de 610 quilos
O BNG demanda promocionar o turismo activo e poñer en valor o Camiño dos Arrieiros no Carballiño, a través dunha moción que defenderá no próximo pleno do xoves. “O turismo activo e deportivo xera beneficios económicos e sociais para o noso concello, promovendo a creación de emprego e o desenvolvemento de infraestruturas turísticas sostibles”, sinala a portavoz, Sofía García.
A moción pretende promover un modelo turístico sustentábel que cuntribúa á diversificar a oferta turística, atraendo un tipo de visitante comprometido coa saúde, o benestar e a conservación do medio ambiente.
“Propomos implementar un turismo activo na vila que é unha forma de turismo que promove a interacción coa natureza, o exercicio físico e a aventura, fomentando a conservación da contorna e o desenvolvemento sostible das comunidades locais”, engade.
Con esta iniciativa tamén se demanda por en valor o Camiño dos Arrieiros e impulsar a creación de roteiros e circuítos turísticos que permitan aos visitantes gozar da natureza, a cultura, o deporte, a gastronomía e as tradicións locais, enriquecendo a súa experiencia de viaxe. O Carballiño, sinala a portavoz nacionalista, conta con inmensos espazos naturais nos que gozar da natureza e do deporte: Parque Municipal, o Parque Etnográfico, o xa citado Camiño dos Arrieiros ou a ruta de sendeirismo PR-G 79, entre outros.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
FESTA DO PULPO
Carballiño preparará unha tapa de pulpo de 610 quilos
OCIO EN FAMILIA
Los niños carballiñeses vencen el calor en la Festa da auga
ARREDOR DE 300 PERSOAS
Galería | A Festa da Palabra acolle a entrega dos Premios Ínsua dos Poetas 2026
Lo último